Nesta sesión trataranse cuestións como as políticas e mancomún, o cooperativismo agrario ou cuestións étivias sobre a investigación en humanidades e ciencias sociais. A xornada da mañá rematará cun debate sobre novas prácticas e modelos alternativos das industrias culturais.
Xa pola tarde, terá lugar o último bloque de estudo, sobre democratización cultural e cidadanía, no que se falará de instrumentacións de participación e do potencial para o desenvolvemento de África.
O CIPPCE é un centro propio da Universidade de Santiago promovido por oito grupos de investigación que estuda os fenómenos de emerxencia artístico-literaria e, máis en xeral, os procesos culturais emerxentes.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.