//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, demanda que no Perte do naval o Goberno central teña en conta o peso significativo de Galicia no sector. Perante a importancia e a transcendencia que ten para o sector este Perte, as empresas galegas uníronse para presentar unha candidatura única e potente que contou co asesoramento da Xunta. O prazo para a presentación de propostas remata o 13 de marzo, e Alfonso Rueda agarda que a convocatoria se resolva de xeito favorable para Galicia tendo en conta que o naval representa o 3,5% do PIB galego e emprega a preto de 13.500 persoas, ademais de ser Galicia a Comunidade autónoma con máis empresas do sector. 'Levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo', dixo.
A economía galega medrou no ano 2022 un 3,8 %, segundo se desprende do informe publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No 4º trimestre do ano o PIB aumentou un 2,2 % con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior e que en canto á evolución intertrimestral, a taxa do PIB autonómico situouse no 0,2 %. Desde o punto de vista da demanda, no ano 2022, a demanda externa achegou 3,7 puntos porcentuais, cun crecemento do 5 % das exportacións, mentres a demanda interna achegou 0,1 puntos porcentuais. No que respecta á oferta, os servizos medraron un 5,8 %, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+17,4 %).
Bo momento o que vive o sector lácteo galego, especialmente no que atinxe á constante subida dos prezos pagados aos gandeiros polo seu produto nos últimos meses e que levou a rexistrar máximos de facturación pola venda de leite. O sector acadou en 2022 un récord de facturación ao alcanzar os 1.306 millóns de euros, un 35,2% máis que no 2021. Galicia é líder nacional en produción de leite (concentra o 41% do total de España) e está entre as dez principais rexións produtoras de toda Europa. Un informe avaliado hoxe no Consello indica que o prezo que se lle paga aos gandeiros polo leite leva 18 meses consecutivos de incremento.
A Xunta ten mobilizados o 100 % dos 1.122 millóns de euros recibidos ata o de agora dos fondo europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), mentres que ten que recibir aínda 144 dos 1.266 millóns de euros que ten asignados. Dúas terceiras partes destes 1.122 millóns -747 M- xa teñen publicadas a súa convocatoria, e foron dirixidos a 7.000 persoas autonómas, 370 empresas, 12 entidades do sector público, máis de 27.000 persoas físicas e 130 organismos públicos, entre clústeres e asociacións. Dos fondos europeos orzamentados pola Xunta de Galicia destinados a entidades locais, o 93 por cento -60 millóns de euros- xa foron executados.
Galicia logrou en 2022 un novo rexistro histórico en exportacións, achegándose por primeira vez aos 30.000 millóns de euros (en concreto, 29.886 millóns). Isto supón 4.600 millóns de euros máis e un 18,3% máis de vendas ao exterior que no 2021, que tiña o mellor rexistro ata o de agora. Por sectores destacan os incrementos en industrias clave para Galicia como o sector téxtil, cun +21,1% en vendas ao exterior que en 2021; a industria química, cun +47,3%; as máquinas e aparellos mecánicos, cun +45,4%; ou a metalurxia, cun +16,5%. Por países rexistráronse importantes subas nas vendas a Países Baixos (+86%); Alemaña (+30,9%); Portugal (+27,4%); ou Bélxica (+25,7%); EEUU (+21,2%); México (+48,4%) ou Oriente Medio (+52,5%).
Nacida co obxectivo de impulsar o comercio internacional das cooperativas e pequenas empresas agroalimentarias galegas, a iniciativa europea -pilotada na comunidade pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentaria (Agaca) co apoio da Xunta de Galicia- chegou a 30 entidades, que participaron nalgunha das actividades do proxecto, e permitiu posicionar máis de 50 produtos en tres plataformas dixitais de vendas (marketplaces).
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social destacando a boa evolución do mercado de traballo de Galicia que no último ano (comparativa entre xaneiro de 2023 e xaneiro de 2022) rexistrou unha caída do desemprego do -5,77% (-8.884 persoas). A cifra actual de paro, 145.048 persoas, é a máis baixa contabilizada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica (1996).
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes en Santiago de Compostela o seu Informe de Conxuntura socioeconómica IV/2022. Nel destácase que a economía galega frea a súa actividade. O informe, que se elabora trimestralmente, está asinado polos economistas Patricio Sánchez e Santiago Lago (ambos da Universidade de Vigo) e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador este último do estudo. Segundo indican en nota de prensa desde o Foro Económico de Galicia, 'a actividade económica galega presenta no terceiro trimestre do ano unha significativa ralentización do seu ritmo de crecemento'.
O estudo dos impactos ambientais de diferentes estratexias de economía circular é o obxectivo da investigación desenvolvida por Antonio J. Cortés no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS). Concretamente, a análise centrouse na detección dos retos que deben afrontar os sectores primarios estratéxicos agricultura, gandaría e pesca , no seu camiño cara á sustentabilidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio do Goberno galego á construción para afrontar a alza de custos e puxo en valor a calidade, sustentabilidade, a unidade e a formación como claves para a súa fortaleza, sobre todo de cara a un 'ano decisivo'. 'É un sector que temos que coidar', defendeu Rueda, quen argumentou que se trata dunha actividade 'fundamental para Galicia, xa que é símbolo de potencia económica'. 'Se funciona o sector da construción é porque está funcionando o tecido económico', aseverou o mandatario galego durante a súa participación hoxe na sinatura dun protocolo de colaboración entre a Xunta, a Fundación Laboral da Construción e a Fundación Catedral para formar operarios no eido da restauración.
Eentregouse o certificado de uso de garantía da marca a esta empresa que vende as súas coleccións en todo o mundo combinando talento e aposta polo comercio intelixente. A firma pode empregar este selo para as coleccións Antiques e Apliables. Máis de 90 firmas de distintos sectores da economía galega contan xa con este selo.
Ponse en marcha tamén unha nova convocatoria de axudas dotada con 1,3 millóns de euros para impulsar a modernización e a mellora do imaxe do comercio galego. A directora xeral de Comercio e Consumo informou na Coruña da II edición desta iniciativa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de agosto.
Unha delegación da Comisión de Recursos Naturais do organismo rexional visitou unha explotación gandeira e unha queixería, para coñecer de primeira man o sector da produción e a transformación do leite na nosa comunidade. Os responsables do Goberno galego insistiron na necesidade de simplificar a PAC e manter os apoios públicos para lograr incorporación de mozos ao agro.
Galicia defínese como un destino de contrastes con infinidade de posibilidades que fan dela un destino atractivo durante os 365 días do ano. O presidente da Xunta reuniuse co viceministro de Relacións Internacionais, Guo Yezhou e destacou atractivos como a Ruta da Camelia e a Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade, irmandada coa Gran Muralla China desde 2007.
Trátase de hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos certificados. Grazas a esta ampliación a marca de garantía conta na actualidade cun total de 38 hoteis, restaurantes, casas rurais e portos deportivos certificados e busca dirixirse aos novos turistas nas redes sociais.
O logotipo, presentado na Feira Internacional de Galicia Abanca, serve para protexer as razas autóctonas preservando o patrimonio xenético animal e o mantemento dos sistemas de cría extensivos. Reafírmase o apoio do Goberno galego a este sector no eido da recuperación, conservación e fomento da raza porcina celta galega.
Con esta celebración impulsada pola Xunta culmina na comunidade a campaña Quere o teu mercado, que nas últimas semanas encheu de actividades as prazas involucrando a toda a sociedade na súa posta en valor. Para continuar contribuíndo á excelencia das prazas de abastos, actívase unha liña de axudas de 900.000 euros.
Aplaude a política social do Goberno local da Pobra do Brollón que mellora a calidade de vida dunha veciñanza moi envellecida. Expón en Monforte o sistema de financiamento do BNG que, no caso deste concello, aportaría uns recursos adicionais de 950.000 euros, para "priorizar as necesidades do noso país.
O voceiro de En Marea, Luís Villares, pediu ao Goberno galego que aclarase cal sería a súa postura ante a petición da empresa para levar a cabo a segregación das centrais pero á vista do publicado no BORME e dixo que no tema de Ferroatlántica non queda claro se é o PP en Madrid o que manda.
Feijóo, na Asemblea anual da Asociación Galega de Empresa Familiar, asegurou que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao financiamento das pemes e recorda que esta iniciativa se enmarca dentro do Galicia 1000, que xa permitiu a 5100 pemes acceder a máis de 785 millóns.