
A empresa Villar Mir ven de rexistrar a segregación das centrais de Ferroatlántica como aparece publicado no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil o que ven a demostra unha de dúas ou que a Xunta de Galicia xa trasladou á empresa a intención de aceptar a solicitude presentada, ou que o que realmente manda é Villar Mir que nin tan sequera disimula esperando a resposta da Xunta de Galicia. O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, por este rexistro durante a sesión de control. A reacción do Presidente deixou en evidencia no só que non tiña coñecemento algún do mesmo senón que amosou a cara máis indigna de quen se debería comportar coma o presidente de todos os galegos e galegas e que lonxe diso limitou o seu discurso a unha sucesión de descualificacións e acusacións falsas e insidiosas.
O voceiro de En Marea, Luís Villares, na súa intervención pediu ao Goberno galego que aclarase cal sería a súa postura ante a petición da empresa para levar a cabo a segregación das centrais pero á vista do publicado no BORME asegurou que no tema de Ferroatlántica non queda claro se é o PP en Madrid o que manda e marca o que ten que facer Núñez Feijóo, ou é directamente o empresario Villar Mir, imputado por financiar ilegalmente ao partido. Unha empresa que pretende esborrallar toda a comarca da Costa da Morte en función unicamente dos seus propios intereses que xa ten demostrada a súa total falla de respecto ás decisións da Xunta de Galicia como demostrou hai meses ao publicar no NASDAQ o plan empresarial antes esperar nin tan sequera á resposta do Goberno galego.
En canto á publicación do rexistro por parte da empresa da segregación no BORME o presidente da Xunta de Galicia atreveuse a responder: dame igual o que poña o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil. Moi elocuente que afirme que lle da igual o que diga o BORME, xa o supoñíamos igual que lle da igual o que poña o BOE ou as sentenzas xudiciais, pero está ben que o recoñeza replicou o voceiro de En Marea.
Luís Villares instou así mesmo a Núñez Feijóo a falar cos traballadores xa que non quere falar cos deputados da oposición e darlles acceso ao expediente da empresa como piden, petición avalada pola Lei como destacou Villares xa que di que só poderán ter acceso aqueles que teñan algún interese no mesmo, algo que no caso dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica está máis que xustificado.
O voceiro de En Marea lamentou que para o Goberno de Núñez Feijóo o interese xeral sexa devolver os favores aos que financian ilegalmente ao partido e non o mantemento dos postos de traballo en Ferroatlántica. A empresa está segura da segregación porque xa mercaron a resposta da Xunta de Galicia hai tempo cos 700.000 euros aportados para o financiamento ilegal do seu partido concluíu Luís Villares.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.