//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Xunta insiste ao Goberno central na necesidade de liderar en Bruxelas a petición dunha "moratoria inmediata" de toda a nova normativa comunitaria que está poñendo trabas burocráticas innecesarias ás explotacións que "están asfixiando aos agricultores e gandeiros". Así o advertiu esta tarde o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, na súa intervención, por videoconferencia, no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios, que estivo presidido polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.
A Administración autonómica destina algo máis de 8 millóns de euros a este complemento, que ten por finalidade mellorar a capacidade adquisitiva das persoas que o reciben. Está dirixido a beneficiarios de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do fondo nacional de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos. Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que concede de xeito ininterrompido durante os últimos anos esta axuda extraordinaria que non é obrigatoria, pois son os propios Executivos autonómicos os que deciden mantela.
Foron presentadas novas edicións dos programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor cos que a Xunta busca, entre outros, impulsar a consolidación de empresas e negocios. A primeira das iniciativas desenvólvese en colaboración coa Fundación Ronsel desde o ano 2020 para reducir os riscos na actividade profesional das persoas traballadoras autónomas, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.
Galicia comeza 2024 con 131.101 persoas en paro: a cifra máis baixa nun xaneiro desde que hai rexistros, é dicir, desde hai 28 anos (1996). A baixada reflectida na evolución anual (-9,62%) sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma na que máis caeu o paro. Galicia conta con 13.947 persoas menos en situación de desemprego que en xaneiro de 2023. A caída reflectida tivo lugar nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a industria (-14,23%), seguido da construción (-12,22%). Por colectivos prioritarios, a cifra de menores de 30 anos e de mulleres é a máis baixa nun xaneiro desde que hai rexistros, desde 2005. En canto ás afiliacións, Galicia gañou no último ano 19.793 cotizacións á Seguridade Social e segue a superar o millón (1.050.530) cun nivel superior ao reflectido hai 15 anos.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reclamou celeridade ao ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, na posta en marcha do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) para a cadea mar-industria comprometido e polo que leva agardando o sector preto de dous anos despois da súa exclusión do Perte Agroalimentario. O conselleiro subliñou a importancia do Perte que resulta fundamental para que as entidades empresariais podan acceder a fondos europeos que resultan estratéxicos para a realización de importantes investimentos que fagan posible que as empresas podan continuar afondando na súa transformación.
A Xunta de Galicia pide a Alcoa claridade sobre as súas previsións con respecto á planta da Mariña e demanda unidade e coordinación por parte das administracións e traballadores fronte á empresa para reclamarlle que cumpra cos compromisos adquiridos. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, exixiu á empresa que clarifique o seu plan de actuación, que concrete o plan de negocio para a factoría e que traslade ao Goberno central e á Xunta cales son as súas solicitudes e os apoios que precisa para reactivar e dar continuidade á actividade e á planificación acordadas cos traballadores. Lorenzana advertiu de que a empresa ten que cumprir o acordo pois na Xunta imos estar vixiantes e apoiar todo o proceso para garantir que os compromisos se cumpran.
Galicia recibirá inicialmente unha asignación de 25,2 millóns de euros no novo reparto territorial dos fondos europeos destinados a financiar diferentes liñas de axudas en materia de vivenda que se convocarán este ano. Tras asistir esta mañá á Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo que se celebrou en Madrid, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que a Xunta está de acordo coa distribución entre as comunidades acordada hoxe pero emprazou ao Goberno central a facer un esforzo e incrementar os fondos destinados a este eido.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica IV/2023. Nel destacan que nun contexto de contracción económica na UE o crecemento da economía galega tamén amosa unha ralentización. Porén, engaden os seus autores, as taxas de variación interanuais seguen a ser superiores ás dos principais socios comerciais galegos, agás Portugal. Segundo o documento, o PIB galego medra un 1%, oito décimas inferior á media española, e en termos intertrimestrais a economía galega contráese un 0,3%, porcentaxe superior á estimada na zona euro e que contrasta coa suba do 0,3% en España.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Executivo autonómico vai prorrogar en 2024 o desconto do 50 % das bonificacións dos autobuses autonómicos, 'con independencia' de que o Goberno central manteña o desconto estatal no vindeiro ano. 'Con independencia de que o Goberno central axude ou non axude, a xente non pode seguir esperando', argumentou o mandatario galego sobre a necesidade desta medida que anunciou no Pleno do Parlamento galego e que defendeu por inscribirse dentro das actuacións do Executivo autonómico que 'lle resolven a vida á xente'.
Galicia convértese na primeira comunidade autónoma en aprobar os seus orzamentos para 2024 logo de que o Parlamento galego dera hoxe o visto e prace definitivo ás contas do vindeiro ano. Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 13.257 millóns de euros para Investir en estabilidade, nas persoas e no futuro. Así, os recursos orzamentarios de 2024 garanten o crecemento estable; consolidan todas as rebaixas de impostos en vigor e inclúen novos incentivos fiscais; reforzan o gasto social e os investimentos e todo iso sen recorrer ao endebedamento por primeira vez en 16 anos.
As cinco denominacións de orixe recolleron máis de 64 millóns de quilos de uva, de moi boa calidade en xeral, do que o 83,5% corresponde a variedades brancas (máis de 53 millóns de quilos) e o 16,5% a variedades tintas (máis de 10 millóns de quilos). Unhas cifras que sitúan a vendima de 2018 como a segunda máis abondosa da historia, só por detrás da vendima de 2011; e colócase un 9,7 % por riba da media do decenio 2009-2018.
O Observatorio do Rural será unha plataforma que terá como obxectivo analizar mercados, competitividade, perspectiva de emprego e proxectos de innovación para o agro ourensán, para o cal se ofrece "a disposición de máxima colaboración" co colexio oficial de enxeñeiros agrícolas de Ourense. O obxectivo é "desenvolver conxuntamente iniciativas baseadas en políticas innovadoras que supoñan un paso adiante para o agro na provincia".
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe en San Cibrao das Viñas, durante a visita que realizou ao obradoiro de emprego Terra de mosteiros 2017, que Galicia contará, en 2018-2019, cun total de 105 obradoiros de emprego, para impulsar a empregabilidade de 2000 persoas na Comunidade. En concreto, o Goberno galego destina un 25% máis que no período anterior.
Os preto de 400 apicultores inscritos no Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia comercializaron o pasado ano máis de 300 toneladas de produto, cun valor económico estimado que superou lixeiramente os dous millóns de euros. En relación coa eliminación de niños, só en 2017 xestionáronse case 44.000 avisos por este motivo e retiráronse ou inactiváronse máis de 24.000.
La Asociación Lugo Monumental solicita del Ayuntamiento de Lugo la gratuidad de los aparcamientos municipales de Santo Domingo, Constitución y Plaza del Ferrol, lo que reportaría innumerables ventajas para la afluencia de público al casco histórico.
La libre disposición de estas plazas solventaría en gran medida el acceso de clientes a los negocios de la zona.
Convocada unha nova edición dos Premios do Comercio Galego, cos que se busca poñer en valor as boas prácticas e a aposta pola calidade e a innovación no sector. Os galardón contan cunha dotación total de 12.500 euros e divídense en tres categorías. Así, o Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 3.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.
A Xunta reforza este ano o programa de apoio para a formación e contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social nas empresas galegas destinando en global un millón de euros coa estimación de financiar a contratación de 350 persoas e 50 preparadores laborais. Como novidade este ano, ademais de aumentarse as contías das axudas, o programa tamén vai dirixido a persoas en risco de exclusión social.
O DOG vén de publicar a convocatoria de axudas do programa dirixido a apoiar unha segunda oportunidade para os autónomos. Trátase de favorecer o retorno ao emprendemento. Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 1 millón de euros coa previsión de beneficiar a traballadores por conta propia que queiran reemprender un negocio, con compromiso de formación.
O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ven de manter unha xuntanza co secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, para abordar as perspectivas de futuro da industria mariña e alimentaria de Galicia.
Nas dúas últimas décadas a xeografía rural tratou a cuestión da sostibilidade como unha preocupación central. Non obstante, os múltiples debates que se teñen dado entre o persoal estudoso deste asunto subliñaron diversas contradicións e desencontros sobre a complicada transición dos sistemas rurais cara a esa sostibilidade.