
O documento foi elaborado polo economistas do Foro Económico de Galicia Patricio Sánchez e Santiago Lago, ambos da Universidade de Vigo; e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador este último do traballo. Segundo indican en nota de prensa desde o foro, o crecemento do PIB real en Galicia caracterízase por unha achega positiva tanto da demanda interna como, en menor medida, da externa. Dende o punto de vista da oferta, o crecemento do PIB sinalan que se explica polo "dinamismo do sector terciario, o que contrasta coa contracción experimentada no caso da construción e da industria". O mercado de traballo galego presenta pola súa banda un balance positivo. Tras o devandito incremento do PIB galego nun 1%, a poboación ocupada medra un 2,7% respecto ao ano anterior, fronte ao 2,3% no caso das afiliacións rexistradas, apuntan os expertos.
Finalmente, o informe dedica un apartado ao sistema enerxético español e a previsión de descarbonización para o ano 2050, indicando que para acadala será preciso incrementar a xeración eólica por 6 e por 24 a xeración fotovoltaica, se tomamos como referencia o ano 2019. Para integrar "tanta enerxía renovable", apuntan os economistas, será necesario realizar un enorme esforzo de cara a incrementar a capacidade de almacenamento enerxético, podendo chegar aos 55 TWh aproximadamente, o cal representa un 9,5% aproximadamente da demanda enerxética anual.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.