
Tal e como explicou, reunirase mañá co comité de empresa para coñecer de primeira man os detalles do encontro que previamente manterán coa empresa. Neste sentido, insistiu na importancia da convocatoria da mesa de seguimento de Alcoa onde están presentes todos os axentes implicados. Non é unha situación leal coas administracións nin cos traballadores que non saibamos cales son as medidas que Alcoa vai adoptar nin o seu plan de negocio para o presente ano, subliñou.
Lorenzana considera prioritario que nestes momentos se manteña unha postura de unidade e coordinación fronte á empresa e que cada parte cumpra cos seus compromisos. Neste sentido, lembrou a importancia de que se aproben, dentro do estatuto electrointensivo, medidas que permitan ás empresas acceder a prezos enerxéticos competitivos.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.