
Rueda recriminoulle ao Executivo central que, a piques de rematar o ano, os galegos e galegas descoñezan se van pode seguir desfrutando das bonificacións do transporte por estrada, interurbano y metropolitano. En todo caso, salientou que grazas á estabilidade e a eficacia de ter uns Orzamentos autonómicos aprobados en tempo e forma para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2024, a Xunta pode suplir as lagoas do Goberno estatal e prorrogar este desconto do 50 % que vén aplicando desde o 1 de setembro de 2022.
Estes descontos teñen beneficiado 23 millóns de viaxes, estimándose que este número roldará os 27 millóns o final de ano, beneficiando a máis do 77 % dos viaxeiros do transporte público de Galicia. A bonificación aplícase tamén ao transporte da ría de Vigo, que comunica a cidade olívica cos concellos de Cangas e de Moaña; así como no ferrocarril na área de Ferrol, ao formar parte do Plan de transporte metropolitano. O desconto abrangue, ademais, os servizo urbanos de Ferrol e de Pontevedra, cidades onde o transporte público se realiza a través de concesións autonómicas.
Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia
Imos seguir traballando con orde e sentidiño para seguir sendo esta illa de estabilidade, adiantou Rueda sobre as intencións do Goberno galego, tras a aprobación dos Orzamentos de 2024. Precisamente, puxo en valor que mañá mesmo o Consello da Xunta vai aprobar o Proxecto de lei de recursos naturais de Galicia.
O presidente da Xunta defendeu esta normativa para que os galegos e galegas se poidan beneficiar no seu propio territorio dos beneficios da produción das enerxías renovables, xa que o que procura a normativa é aproveitar a abundancia dos recursos naturais de Galicia para reter na Comunidade o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.