Notas de prensa

Impulso á innovación da industria mariña e alimentaria de Galicia

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ven de manter unha xuntanza co secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, para abordar as perspectivas de futuro da industria mariña e alimentaria de Galicia.

Conde ratificou o apoio da Administración Autonómica a este sector, un ámbito estratéxico para a economía galega, ao tempo que puxo en valor a aposta desta industria pola innovación para exportar a calidade galega a novos mercados.

Na xuntanza, entre outros temas, abordouse a necesidade de seguir impulsando a I+D+i neste ámbito e, neste senso, o titular de Economía sinalou que entre os retos do Goberno galego atópase a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. O obxectivo é que centros de coñecemento e empresas poidan desenvolver unha estratexia de colaboración firme, buscar os socios axeitados, establecer canles de comunicación, aliñar procesos e responder de forma flexible ás demandas do mercado e da sociedade.

Outros asuntos da reunión foron as actuacións que en materia de internacionalización está levando a cabo a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, ou a aposta da Xunta polos certificados de profesionalidade e pola formación á carta para adaptar os perfís profesionais ás demandas do tecido produtivo.

Xunta de Galicia, 2018-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES