Notas de prensa

105 obradoiros en 2018-2019 para impulsar a empregabilidade de 2000 persoas na Comunidade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe en San Cibrao das Viñas, durante a visita que realizou ao obradoiro de emprego Terra de mosteiros 2017, que Galicia contará, en 2018-2019, cun total de 105 obradoiros de emprego, para impulsar a empregabilidade de 2000 persoas na Comunidade. En concreto, o Goberno galego destina un 25% máis que no período anterior.

Por unha banda, son 23 obradoiros para menores de 30 anos aos que se destinan 3,4 millóns de euros e un total de 23,26 millóns de euros para a celebración dos obradoiros duais nos que participarán máis de 1600 alumnos dos 206 concellos beneficiarios. Deles, o 34,5% son emprendedores, porcentaxe que se sitúa preto do 60% se nos referimos á provincia de Ourense.

A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de alomentos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro: “Trátase de combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral”, resumiu Conde. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

Os obradoiros duais forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo o conselleiro, esta é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así, o Goberno galego inviste este ano 135 millóns de euros en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, con cursos que se adapten aos novos perfís profesionais e ás demandas e necesidades reais do tecido empresarial.

Un exemplo desta aposta foi o obradoiro que hoxe visitou e que contou cun total de 20 alumnos que recibiron formación específica de albanelería ou xardinería e un contrato laboral para realizar actuacións en oito localidades diferentes da Mancomunidade de concellos de Ourense cun investimento global de preto de 280.000 euros. No caso concreto de San Cibrao das Viñas, os traballos consistiron na rehabilitación do parque de Pazos de San Clodio, o mantemento da área recreativa da Boutureira e a rehabilitación dunha senda verde. “Con estes obradoiros cumprimos un dobre obxectivo: obter unha maior empregabilidade dos nosos desempregados e facilitar a recuperación do patrimonio cultural e paisaxístico”, explicou.

Conde destacou a importancia da colaboración institucional para contar cunha Comunidade máis competitiva e con máis capacidade para crear riqueza e insistiu en que o mellor exemplo son os Concellos emprendedores. Unha iniciativa paralela á Lei de implantación empresarial na que a administración autonómica e local colaboran para facilitar a tramitación administrativa, o acceso ao solo e para ofrecer unha mellor fiscalidade: “Estamos convencidos de que a colaboración é o camiño para unha maior formación, mellorar a inserción laboral e conseguir a implantación de industria e a captación de investimentos”, sinalou.

Os concellos adheridos obteñen prioridade nas axudas da Xunta destinadas a fomentar o emprego de calidade e a apoiar o emprendemento innovador, como o caso dos obradoiros de emprego. Neste sentido, Conde explicou que Ourense é o modelo a seguir xa que suma o 50% -44- dos Concellos Emprendedores de Galicia.

Xunta de Galicia, 2018-09-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES