
Neste sentido, xustificou a súa solicitude de maior financiamento en que o Executivo galego fixo os deberes e cumpriu con creces os obxectivos marcados polo Ministerio no caso de Galicia con relación aos programas para actuacións a nivel de edificio e a nivel de vivenda convocados nos anos 2022 e 2023.
En concreto e segundo os criterios acordados para poder acceder ao futuro reparto de fondos europeos, o número de axudas resoltas nas dúas anualidades anteriores debía superar o 75 % do obxectivo previsto, é dicir, chegar a un mínimo de 7.014 vivendas beneficiadas.
No caso de Galicia, tal e como salientou a vicepresidenta, este fito acadouse sobradamente xa que en 2022 e 2023 a Xunta concedeu subvencións para rehabilitar enerxeticamente un total de 10.015 vivendas só a través destes dous programas.
Así, reivindicou que para poder chegar e atender todas as solicitudes de subvención para rehabilitación no eido residencial recibidas ata o momento na Comunidade, a Xunta estima que serían necesarios 140 millóns de euros, polo que os 25,2 millóns que lle corresponderán a Galicia para este ano son insuficientes.
Por iso e tras incidir en que parte dos fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia están aínda sen executar, tanto en materia de vivenda como noutros ámbitos, Ángeles Vázquez insistiu na necesidade de que as comunidades que están cumprindo cos obxectivos e facendo un esforzo orzamentario notable cunha partida de 170 millóns de euros reservada este ano á vivenda nas contas da Xunta poidan dispoñer de máis fondos para atender o maior número de solicitudes posible.
Así mesmo, a vicepresidenta aproveitou a Conferencia Sectorial para pedirlle tamén á nova ministra de Vivenda e Axenda Urbana que axilice na medida do posible a transferencia efectiva do reparto de fondos ás comunidades, recordando que os tempos para facer as convocatorias de axudas de 2024 son moi xustos e se corre o risco de non chegar a tempo para cumprir cos obxectivos de execución fixados pola UE para 2026.
Por último, pediu tamén á ministra que aclare os anuncios realizados polo Goberno central respecto da posta á disposición das comunidades autónomas de vivendas propiedade da Sareb e a explicar a razón pola que Galicia foi excluída do programa Viena.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.