//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
A Cidade da Cultura de Galicia convértese esta semana no epicentro do debate sobre as novas tendencias á hora de abordar proxectos culturais. No marco do WOS Festival, evento que celebra a cultura de vangarda desde espazos emblemáticos de Santiago de Compostela, o Gaiás acolle este mércores e xoves parte dos WOS Encontros, catro faladoiros abertos ao público entre os que destaca o encontro con Peter Kember (Sonic Boom), referente de culto da música moderna. Pioneiro e explorador constante do son, o músico británico marcou o desenvolvemento de xéneros tan diversos como o pop, o space-rock e a psicodelia ou a electrónica.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, explicaron en rolda de prensa os últimos avances das intervencións realizadas na Catedral de Santiago e a necesidade de acometer un peche provisional do espazo onde se atopa o Pórtico da Gloria pola execución das obras de restauración dos paramentos interiores e das bóvedas. Ao abeiro do convenio entre o Ministerio de Hacienda, a Consellería de Cultura e Educación, o Cabido do Conxunto Catedralicio e a Fundación Catedral estase a traballar cun investimento de 17 millóns de euros para chegar ao 1 de xaneiro de 2021 nas mellores condicións para celebrar vindeiro Xacobeo.
Chega por vez primeira a Galicia 'A derradeira leición do mestre' obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o Guernica galego como eixo central da exposición Castelao maxistral, da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que se exhibirá no Museo Centro Gaiás do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019, prantéxase como unha homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936). Castelao maxistral conta cunha ampla sección de pezas e documentos (92), depositados nos museos e institucións galegas ou pertencentes a coleccións particulares (32 en total).
Galicia será o territorio convidado do programa Showcase Scotland 2019, que se desenvolverá ao abeiro da 26ª edición do Celtic Connections de Glasgow (Escocia), un dos festivais musicais de inverno máis relevantes do panorama internacional e o máis destacado no ámbito dos sons celtas. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), impulsa esta iniciativa para garantir a actuación de seis grupos ou solistas galegos como parte desta programación, que terá lugar do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro e estará aberta tanto ao público xeral como aos delegados internacionais acreditados.
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu proxectará entre o 7 e o 15 de setembro preto de 100 títulos galegos e internacionais, ademais de ofrecer charlas, conferencias, espectáculos de narración oral e humor, concertos, actividades infantís e de implicación social. O evento, que chega este ano á súa undécima edición, conta con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. A sede da asociación organizadora acolleu a presentación do programa completo do certame, no que participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil; o alcalde de Bueu, Félix Juncal; o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, Xosé Leal; e mais o director do FICBueu, Manuel Pena.
As Torres Hejduk convértense ata o 25 de novembro nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida ou transformada, lonxe dos grandes relatos arquitectónicos presentes na contorna. Isto é posible grazas á intervención AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) de Francisco Ramallo (Granada, 1974), inaugurada como clausura do Encontro de Artistas Novos 2018. Esta residencia artística, xa consolidada na programación da Cidade da Cultura, reuniu durante cinco días a 40 creadores emerxentes, procedentes de toda España. Precisamente, o AAMA -proxecto entre o metafórico e o documental de Francisco Ramallo- foi a iniciativa gañadora do Encontro de Artistas Novos 2017 da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk.
Este mércores terá lugar a inauguración da temporada expositiva na Fundación DIDAC en Santiago de Compostela coa exposición Manuel Eirís / Miguel Marina. A Fundación DIDAC retoma a súa actividade, que nos próximos meses completarase coas mostras individuais do artista galego Antón Reixa e a valenciana Irene Grau, así como os encontros e conferencias do ciclo Galicia. Un século de creación, programación que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña. Manuel Eirís (Santiago de Compostela, 1977) e Miguel Marina (Madrid, 1989) son os artistas encargados de inaugurar a temporada de exposicións na Fundación DIDAC.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, deu a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan na oitava edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN8. O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Xunta a través da Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Román Rodríguez destacou que desde a apertura en 2011 da Cidade da Cultura tiñamos claro que a súa programación cultural debía contar con espazos abertos para o intercambio de ideas e a convivencia creativa.
Quedou aberta no Museo comarcal de A Fonsagrada a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro, promovida por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, que permanecerá nesta localidade enclavada no Camiño Primitivo a Compostela ata mediados de outubro.
Con este motivo, presentouse o libro MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.
O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporán este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018. Precisamente, este ciclo de concertos do verán, ao aire libre e de balde caracterizouse nesta edición por contar cun especial peso das voces femininas maioría entre as súas 21 actuacións e concedeulle máis espazo as cada vez máis emerxentes músicas urbanas. Para este gran fin de festa, a banda despregará tamén o seu repertorio de merengue-punk ‒contan cunha atrevida versión neste rexistro de La línea del frente de Kortatu‒e electro-cumbia con ritmos tropicais e letras sociais.
Baseado no libro homónimo de Manuel Rivas, A lingua das bolboretas conta a historia de Moncho, un rapaz ilusionado por comezar a escola nunha aldea de Galicia. Fica marabillado co seu mestre (Fernando Fernán Gómez, nunha das interpretacións máis aplaudidas nos últimos anos da súa carreira), co que establece unha estreita relación, co pano de fondo do estalido da Guerra Civil.
Cayetano Rodríguez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Juan de Castro, director do Festival Primavera do Cine e Carla Amado, directora do Instituto Camões foron os encargados de facer a inauguración oficial da sétima edición do certame, que se extenderá ata o vindeiro 13 de maio.
El Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa y la Obra Social la Caixa presentan '¡Mírame! Retratos y otras ficciones en la Colección la Caixa de Arte Contemporáneo', una selección de cerca de 40 obras de la Colección la Caixa de Arte Contemporáneo. La muestra explora el retrato a través de un número considerable de obras.
O vindeiro día 12 de Maio Ramirás converterase por decimo segundo ano consecutivo no epicentro da música galega. A celebración da XII Noite de Fiadeiro recuperará a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e tamén mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir.
A mostra, a que máis público recibiu na historia de Ourense e a máis importante de Galicia, "contou con pezas de 39 museos de 10 países sobre un tema que nunca antes había sido obxecto de exposición, os suevos, e relacionada coa nosa identidade e co primeiro reino medieval de Occidente", expresou Manuel Baltar no acto de clausura. No acto estreouse o documental In Tempore Sueborum, dirixido por Jesús María Caramanzana.
O 30 de abril reuniuse o xurado do Certame convocado polo Centro Cultural Ignacio Rey Stolle de Bazar (Castro de Rei), con motivo do seu Cincuentenario, formado por Severiano Ónega Ares (Fundación Blas da Ponte de Outeiro), José Luis Ramudo Ramudo (xornalista), José María Teijeiro Regueiro (Secretario do Centro), e Xulio Xiz Ramil (xornalista).
Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León rematan hoxe a visita de estudos que os trouxo a Galicia.
Téñense remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello XESÚS MATO MATO. Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucions ou empresas.
Arranca "Ourense ICC Week" 2018, que converte un ano máis a provincia de Ourense no punto de encontro da vangarda creativa audiovisual e cultural, cun amplo programa de conferencias, concertos, obradoiros e actividades tecnolóxicas, organizados pola Deputación de Ourense, que se desenvolven entre hoxe e o vindeiro domingo, 5 de maio.
Unha das citas musicais de referencia do noroeste peninsular regresa este verán con máis de 100 actuacións de balde que inundarán máis de 15 escenarios urbanos da Coruña, como a praia de Riazor, prazas, museos, teatros, parques, rúas e locais de referencia da cidade. Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem son as primeiras artistas confirmadas.