//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Galicia será o territorio convidado de honor á vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient. Así o confirmou a propia organización do evento, que presentou nunha conferencia de prensa o cartel promocional da cita para o 2019, no que se fai referencia á 49ª edición como O ano de Galicia. A nova foi tamén publicada no propio web do festival. No presente ano o territorio convidado de honor é o País de Gales. Con 48 anos de historia, o Festival reúne en cada edición máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias.
Atardecer no Gaiás chega xa á penúltima semana da súa edición 2018. Nesta ocasión, o ciclo de concertos que pon a banda sonora aos solpores do verán na Cidade da Cultura trae tres apostas orixinais, sorprendentes e reivindicativas chegadas de tres recantos da Península: Rodrigo Cuevas (Asturias), Pony Bravo (Andalucía) e Las Odio (Madrid). Os encargados de arrancar a semana este xoves serán o grupo sevillano Pony Bravo, que traerá ao Gaiás o característico humor que tingue as súas letras protesta, á vez que un directo sempre encomiado que os ten levado a festivais como o Primavera Sound e a cidades como Bos Aires ou Caracas.
Uxía e Rodrígo Romaní actúan esta semana no Festival Intercéltico de Lorient, encabezando a ampla delegación galega que desde o pasado día 3 participa neste histórico encontro da cultura celta. Uxía subirase este xoves ao escenario do Theâtre de Lorient para presentar o seu traballo Uxía-o, o seu persoal tributo á obra de Uxío Novoneyra. Pola súa banda, Rodrigo Romaní actuará o sábado á noite na gran gala da arpa celta que terá lugar no Palacio de Congresos, onde esa mesma mañá ofrecerá unha master class.
A Cidade da Cultura programa para as noites dos venres de final do verán unha descuberta diferente e distendida das grandes exposicións que acolle arestora o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas colección de ABANCA e Afundación. Será a través das Nocturnas, unhas visitas comentadas moi especiais, fóra do horario habitual de apertura do centro, que rematarán da mellor maneira: con boa música e petiscos.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) inicia o segundo período da súa programación anual de espectáculos escénicos e concertos coa actuación que a gaiteira Susana Seivane ofrecerá este sábado, ás 22,00 h., na praza de San Bieito de Gondomar. Esta será a primeira das 255 citas culturais que terán lugar entre os meses de agosto e decembro no marco deste circuíto da Xunta, que durante 2018 terá promovido 601 funcións en 39 concellos.
O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás continúa en agosto con tres propostas tranquilas e ben diferentes para musicar os xoves, venres e sábados do verán na Cidade da Cultura. O encargado de pórlle banda sonora á primeira das citas deste mes será Yuri Méndez, co seu proxecto Pajaro Sunrise. O traballo do cantante, músico, compositor e produtor nado en León oscila entre o pop, o folk e a música electrónica cantada en inglés. Os seus temas, ás veces divididos entre letras melancólicas e melodías alegres, foron escollidos para musicar desde series de televisión a anuncios publicitarios, entre os que destaca por ter aparecido, por exemplo, na serie norteamericana Castle.
Música no claustro regresa á catedral de Tui coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentación realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura. Esta edición con dobre sede pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz.
Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañados polo alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; e mais polo presidente e director da banda, Francisco Fernández e David Fiúza, respectivamente.
O D.O.G. ven de publicar o procedemento a seguir, ademais de determinar os efectos das homologacións e validacións, distribución de competencias entre departamentos e de regular prazos e documentación que se esixe en cada caso.
O documental, dirixido por Rosario Sarmiento, foi un dos proxectos galardoados no I Concurso de Ideas Luísa Villalta de Iniciativas Culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña. A proxección do documental seguirá un coloquio sobre as circunstancias da muller na arte.
Este xoves, 26 de abril, alcanzouse no Concello de Paradela o número de 1.200 adhesións á petición formulada polo Concello para que a Xunta de Galicia conceda a Medalla Castelao ao crego e musicólogo Xeús Mato Mato. Nos últimos sete días a cifra de adhesións recibidas foi de 500.
O Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno ocupa os espazos centrais das librarías e bibliotecas cos títulos da escritora á que a Real Academia Galega homenaxeará o 17 de maio, mais tamén con libros nos que ela é a protagonista.
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
A obra do máis recoñecido dos autores escandinavos pode verse ata finais do ano 2018 no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, comezando por títulos como Xogos de verán, Un verán con Mónica ou Amorodos salvaxes. Continúa no mes de maio coa célebre O sétimo selo.
A xornalista monfortina Julia Otero é a gañadora da XIV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. A premiada afirmou sentirse "abrumada e mandou "un recordo especial" á familia de Couso.
Os Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cumpren dúas décadas arredor da normalización lingüística cun programa no que, baixo o subtítulo de Paso a paso, man con man. Deporte e lingua.
Promovida polo Centro de Emprendemento do Gaiás, a iniciativa busca apoiar, formar e pór en valor profesionais e emprendedores do sector cultural e creativo. Nesta primeira edición CREAGAIÁS pon o acento na importancia da marca e imaxe persoal para emprendedores e profesionais do sector creativo, e en como xestionala de forma eficaz a través das redes sociais. Lanzouse un concurso dirixido a instagramers para publicar fotografías relacionadas co emprendemento.
Trinta e cinco palabras lle abondaron a Silvia Camesella Gesteira, natural de Nigrán, para facerse co primeiro premio do concurso de micro-relatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, entidades que amosaron a súa satisfacción pola alta participación rexistrada e a calidade dos textos recibidos.
O Roteiro, conducido polo historiador Emilio Grandío, a investigadora María Lopo e a actriz Mabel Rivera, celebrarase o sábado 7 de abril a partir das 11.30 h. cun máximo de 25 prazas previa inscrición. O mércores 11 de abril, ás 20.00 h, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá un coloquio sobre a figura da actriz coa participación de María Lopo, da actriz e investigadora Sabela Hermida e o dramaturgo Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste cun texto dramático sobre a vida de María Casares.