
A MIT tamén se congratula de anunciar a estrea en España dos espectáculos internacionais La Goia, do gran artista italiano Pippo Delbono e Ella sobre ella, da recoñecida directora e dramaturga uruguaia Marianella Morena. Dous grandes nomes do teatro contemporáneo internacional, como é costume no festival, que en cada edición reserva un apartado para os artistas escénicos internacionais máis destacados.
No programa de 2018, sen obviar o criterio de calidade, a MIT demostra o compromiso de igualdade asinado na pasada edición cos Tempadas de Igualdade, como se pode ver nos espectáculos asinados polas creadoras d'A Panadaría, De Vacas, Marianella Morena, Natalia Menéndez, Laila Ripoll, Cristina Collazo, La Nórdika ou Lali Álvarez.
Do conxunto do estado, preséntase unha escolma dos mellores traballos escénicos do ano en diversos formatos, pois a diversidade de linguaxes e estilos é un dos selos de calidade da MIT. Así haberá circo, teatro musical, teatro documento, drama e comedia procedente de Asturias, Andalucía, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, Extremadura ou Castilla La Mancha. No ámbito internacional, con procedencia de Reino Unido, Italia, Portugal, México e unha mirada especial á creación actual da dramaturxia uruguaia, coa presentación da obra de Marianella Morena e Sergio Blanco.
O programa complétase con cursos, obradoiros, conferencias, presentacións de libros e espectáculos en lugares insólitos, entre os viñedos do Ribeiro e en zonas do rural, dentro do espazo SputMIT, satélites da MIT para poñer en valor a arte no marco excepcional da paisaxe do Ribeiro.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.