Noticias

'Escenas do cambio' traerá á Cidade Da Cultura a Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel, dous tótems da arte da vangarda

A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderán ver dezasete obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina. Estes dous tótems da cultura contemporánea teñen cadanseu Premio Nacional e o Premio Velázquez de Artes Plásticas, os recoñecementos de máis prestixio neste eido en España.

Os dous teñen en común unha traxectoria ampla e referencial para varias xeracións de artistas en España e que se caracteriza por unha arte arriscada e ética que faga pensar ao espectador e que sorprenda. Ambos abrirán Escenas do cambio 2019 o día 7 de febreiro; Esther Ferrer cunha performance coa comunidade de persoas xordas de Galicia, Os voy a contar mi vida, mentres que Isidoro Valcárcel impartirá durante catro días un obradoiro, no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia, e estreará nas escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego unha performance, Subida en tres actos, creada ex profeso para o festival.

Mais non son os únicas grandes figuras da programación desta edición, xa que o Festival de inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción do Gaiás contará con tres dos máximos representantes da danza contemporánea actual como son Vera Mantero (Portugal), Tino Sehgal (Francia) e Ligia Lewis (Porto Rico- Alemaña) e que son nomes que non faltan en festivais de renome como o de Avignon, unha das máis importantes manifestacións internacionais do espectáculo contemporáneo actual.

Estreas en Galicia e España

Nesta edición preséntase por primeira vez en Galicia o traballo da coreógrafa portuguesa Vera Mantero: Tres solos, que é parte da historia da danza, mentres que Tino Sehgal e Ligia Lewis serán os encargados de pechar Escenas do cambio con Sans titre (2000) e Minor matter, respectivamente, e que suporá ver por primeira vez en España dúas obras emblemáticas das carreiras destes artistas xa consagrados na escena internacional. Coa presenza destes referentes, o festival confirma nesta quinta edición a súa aposta por que a danza sexa cada vez máis protagonista no festival—cun evidente peso no programa tanto en cantidade como en calidade— así como pola presenza de pezas que aposten pola disidencia e o traballo en comunidade, dous relatos que están a construír a identidade do festival, dirixido desde os seus comezos polo vigués Pablo Fidalgo.

Traballos coa comunidade

Así, ademais do traballo coa comunidade de persoas xordomudas de Esther Ferrer en Os voy a contar mi vida; tamén o suízo Marco Berrettini en Ifeel4 contará con nenos e nenas de Compostela para configurar un coro con rapaces do Estudo Escola de Música. Deste xeito, o festival continúa a súa aposta por traballos interdisciplinares que achegan os mais novos ao mundo da escena contemporánea internacional. Nesta liña, os aclamados portugueses Ana Borralho e João Galante subirán ao escenario a adolescentes de Compostela, con idades comprendidas entre 18 e 23 anos, para que expoñan o seu xeito de ver e entender a vida en O gatillo da felicidade (Trigger of happiness).

A programación suma referentes internacionais de vangarda como a compañía italiana MOTUS que trae a Escenas do cambio con MDLSX, unha orixinal adaptación da afamada novela de Jeffrey Eugenides. Precisamente, o tema de xénero, a dualidade e a disidencia con respecto á propia identidade —que conforma tamén relato no que se artella o festival—poderá verse en pezas de François Chaignaud ou Alessandro Sciarroni.

Completan este cartel internacional os portugueses Maria Salgado e Fran MM Cabeza de Vaca co seu Jinete Último Reino e Flora Détraz con Tutuguri ; e a bailarina polaca Ola Maciejewska coa que veremos en acción o seu espectacular vestido danzante, protagonista de Loie Fuller: Research.

Novos proxectos de artistas galegos

Do mesmo xeito, esta quinta edición rexistra un especial interese en amosar novas propostas de creación galega, apoiando neste 2019 a artistas que presentaron o seu traballo en anos anteriores e que viron crecer a súa carreira a partir de Escenas do cambio. Así, nesta edición Melania Cruz e Tito Asorey presentan O empapelado amarelo, o seu proxecto coa recén creada formación A quinta do cuadrante; mentres que Diego Anido e Borja Fernández dan a coñecer o Colectivo Balboa co traballo O inevitable; e Celso Sanmartín a adaptación do seu libro A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez.

O director do festival presenta para esta programación un cartel que ten que ver cun formato cada vez “máis performativo, de cubo branco e de museo”, segundo as súas propias palabras. “Seguimos centrados na formación e na posibilidade de atopar un festival cunha identidade clara no espazo museístico”, engade.

Encontros cos artistas, presentacións e obradoiros

O certame tamén continúa propiciando o achegamento do público cos artistas e participantes nas pezas: a través de encontros abertos co público de carácter gratuíto —con Esther Ferrer, Vera Mantero, Idoia Zabaleta e Isidoro Valcárcel Medina xunto ao crítico Juan de Nieves— e a través de presentacións; o libro Spanberguianismo de Alejandra Pombo e o novo proxecto de Nuria Sotelo e Cris Sánchez, A casa vella. Mantéñense os obradoiros de formación: así, ademais de contar nun cun referente das vangardas como Isidoro Valcárcel Medina, tamén haberá outro taller con Idoia Zabaleta (Vitoria, 1970). Para ambos é preciso a inscrición previa.

Colaboración internacional e abono para as función á venda

Ao igual que en todas as súas edicións, Escenas do cambio 2019 conta cunha rede de colaboradores internacionais como o INAEM, o Concello de Santiago, o Centro Dramático Galego, a Agadic, a Universidade de Santiago, A Federación de Asocaicións de Persoas Xordas de Galicia, Camões - Instituto da Cooperação e da Língua e, neste 2019, incorpora o Museo do Pobo Galego, xa que continúa a liña aberta de estender a súa programación e máis alá do Gaiás, con representacións en diferentes espazos culturais da capital de Galicia, que inclúen o Teatro Principal e o Salón Teatro.

Toda a información polo miúdo da programación de Escenas do Cambio 2019 está na páxina do festival —www.escenasdocambio.org— e desde hoxe e ata o 20 de xaneiro xa se pode adquirir o abono de 50 euros para todas as funcións (agás a de Subida en tres actos de Isidoro Valcárcel Medina). As entradas para cada peza por separado estarán á venda nesta páxina web a partir do 7 de xaneiro de 201

R., 2018-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES