Noticias

Presentado o proxecto de ampliación do Museo do Pobo Galego

Os traballos desta ampliación inclúen a intervención nas fachadas do edificio e a renovación completa das cubertas. Ademais, procederase ao illamento térmico do inmoble, xunto á realización de labores de fontanería, saneamento, electricidade, iluminación e telecomunicacións. A actuación tamén prevé a substitución de toda a estrutura portante do chan que se atopa en mal estado, refacer os forxados, a instalación dun ascensor de alta capacidade e de baños novos. Por outra banda, construirase unha escaleira de comunicación vertical que unirá todas as plantas do edificio.



O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou esta mañá o proxecto de ampliación do Museo do Pobo Galego, que incrementará a súa superficie en 1600 metros cadrados para acoller un novo espazo expositivo. A inversión ascende a 2,9 millóns de euros e os traballos rematarán antes do vindeiro Xacobeo 2021. “Esta ampliación completa o Museo e constitúe un exemplo de colaboración entre o Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago”, destacou o conselleiro.

No marco desta actuación, adecuarase a ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval, ao tempo que o Padroado do Museo do Pobo Galego comezará a traballar na musealización do futuro espazo de exposicións.

O titular da carteira de Cultura e Turismo apuntou que cun percorrido polas salas actuais do Museo, o visitante pode ter unha imaxe detallada da historia de Galicia e dos elementos que dan forma á identidade do pobo galego. Agora, grazas á ampliación, o Museo amosará a Galicia máis contemporánea a través da historia democrática e autonómica. Así, poderá ofrecer un cadro completo de Galicia.

Román Rodríguez fixo fincapé en que durante o Xacobeo 21 serán centos de miles os peregrinos que visiten a cidade procedentes de diversos puntos do mundo e “o Museo do Pobo Galego, xunto co Centro Galego de Arte Contemporáneo, serán un polo tractor para o turismo”. “Sen dúbida, a Catedral e a Praza do Obradoiro son puntos centrais de Compostela, pero tamén debemos abrir o resto da cidade e de Galicia aos visitantes ampliando a oferta e ofrecendo alternativas de calidade que descubran outras caras de Santiago e do noso país”, engadiu o conselleiro.

Melloras no Museo do Pobo Galego

Os traballos desta ampliación inclúen a intervención nas fachadas do edificio e a renovación completa das cubertas. Ademais, procederase ao illamento térmico do inmoble, xunto á realización de labores de fontanería, saneamento, electricidade, iluminación e telecomunicacións.

A actuación tamén prevé a substitución de toda a estrutura portante do chan que se atopa en mal estado, refacer os forxados, a instalación dun ascensor de alta capacidade e de baños novos. Por outra banda, construirase unha escaleira de comunicación vertical que unirá todas as plantas do edificio.

R., 2018-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES