
O Teatro Principal de Ourense anunciou hoxe a carteleira escénica e musical que desenvolverá durante o primeiro semestre de 2019 e dentro da que se inclúen as tres funcións que ofrecerá como espazo asociado á Rede Galega de Teatros e Auditorios, impulsada pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
En concreto, exhibiranse os espectáculos teatrais Jane Eyre, producido orixinalmente polo Teatre Lliure de Barcelona e protagonizado por Ariadna Gil, o 10 de febreiro; A leituga, da compañía galega Eme2, o 16 de febreiro; e Carpe diem, da tamén galega Producións Teatráis Excéntricas, o 7 de abril.
Con estas tres propostas, darase continuidade á programación que o Teatro Principal leva a cabo desde hai dúas décadas como integrante da rede da Agadic, dentro da que nos vindeiros días ofrecerá outras cinco montaxes, comezando por Crimen y telón, que Ron Lalá porá en escena este mesmo venres. O resto insírese na programación infantil especial para o Nadal: Artenrúa, que presentará o seu espectáculo homónimo o 26 de decembro; Caramuxo Teatro, que estará o 27 de decembro coa obra Ela, unha homenaxe á pintora Maruxa Mallo; Eme2 Emoción &Arte, que porá en escena o 28 de decembro Contacreques; e Tanxarina Títeres, que chegará o 29 de decembro con A galiña azul, a emblemática peza de Carlos Casares.
O director da Agadic, Jacobo Sutil, detallou estas funcións na presentación da programación completa que o escenario da rúa da Paz desenvolverá de xaneiro a xuño de 2019 e na que tamén interviñeron Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial, e Olga Mojón, directora do Principal.
Traballo común a prol das artes escénicas
Tras salientar a calidade e variedade desta carteleira, que inclúe outra vintena de citas co teatro, a ópera e a música, Sutil centrouse na actividade que o Teatro Principal desenvolve no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que tamén forma parte o Auditorio Municipal ourensán. Xuntos contribuímos á máxima difusión das artes escénicas na nosa Comunidade, co dobre obxectivo de dinamizar o mercado interior para os espectáculos aquí producidos e de favorecer o acceso do público galego a propostas de éxito de fóra de Galicia.
O director da Agadic adiantou que o circuíto da Xunta xa ten pechado o seu calendario de representacións para o primeiro semestre de 2019, con importantes novidades de xestión interna pero, sobre todo, cunha viva carteleira de 349 citas culturais a cargo de 115 formacións artísticas, maioritariamente galegas, por 40 espazos das catro provincias. Así mesmo, explicou que a Rede Galega de Teatros e Auditorios pechará o ano 2018 despois de ter ofrecido unhas 600 funcións e concertos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.