
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña acompañou esta mañá na visita á Biblioteca González Garcés aos 25 alumnos de Educación Especial do club xuvenil Finisterre. Ovidio Rodeiro aproveitou o encontro para presentar a programación que os dous centros autonómicos a Biblioteca González Garcés e o Museo de Belas Artes ofertarán este mes de xullo para os rapaces entre 4 e 12 anos.
Partindo dalgunhas das obras que forman parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña, así como doutras obras destacadas da Historia da Arte, os rapaces realizan unha viaxe que parte dende as obras mitolóxicas dos autores barrocos ata os máis vangardistas e contemporáneas, buscando desenvolver o potencial creativo e a expresión corporal, fomentando a imaxinación e educando a percepción espacial; a través das artes escénicas, a pintura, a fotografía e a colaxe.
Ovidio Rodeiro destacou que nestes obradoiros semanais, os nenos e nenas poderán coñecer os distintos tipos de manifestacións artísticas, fomentar a imaxinación e a creatividade, incrementar o interese pola arte de distintas épocas e estilos, vinculando a arte do pasado coa arte do presente e co mundo que nos rodea. Ademais poderán fomentar o coñecemento do outro e de nós mesmos a través da plástica.
Cun custo mínimo, os rapaces que desexen participar nos obradoiros poden inscribirse chamando ao teléfono do Museo 881 881 700, en horario de mañá de luns a venres, ou enviando un correo electrónico a mu.belas.artes.difusion@xunta.gal.
Ademais, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés tamén ten o prazo aberta para solicitar algunhas das prazas dos 3 cursos da súa programación cultura para o mes de xullo. Xogando coa Historia o xoves 5 de xullo para rapaces de 4 a 12 anos; Facemos a Nosa Casa, o xoves 12 de xullo, para rapaces de 4 a 12 anos e Escola de Maxia, o xoves 19 de xuño para rapaces de 6 a 12 anos. Todos os obradoiros teñen capacidade para 20 rapaces polo que se ofertarán en total 60 prazas e teñen unha duración de hora e media.
A Biblioteca tamén organizará un concurso de debuxos na caseta que este centro montará na Feira do Libro, do 1 ao 10 de agosto. Os participantes poderán entregar os debuxos que se realicen nos obradoiros ou achegar debuxos ao longo dos dous días que a Biblioteca estará nos Xardíns de Méndez Núñez. O último día de feira escolleranse os tres mellores debuxos que serán premiados cun lote de libros.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.