
O xurado, presidido polo director do CGAC, Santiago Olmo, e integrado pola crítica de arte e comisaria Mónica Maneiro e os profesores Ramón Villares (Universidade de Santiago de Compostela) e Antón Castro (Universidade de Vigo), valorou especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun texto marcado polo humor e a ironía, dúas estratexias presentes tamén na obra plástica do artista ourensán.
Coincidindo coa celebración, en 2018, do seu 25 aniversario, este centro de xestión autonómica, adscrito á Consellería de Cultura e Turismo, botou a andar o I Premio CGAC, enfocado a textos inéditos escritos en galego de acordo coa normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea. Co fin de favorecer novas canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, mediante esta convocatoria o CGAC pretende promover a investigación e a produción de pensamento sobre esta materia en galego e apoiar así a creación nesta lingua.
Coa posta en marcha deste premio, o CGAC avanza no seu obxectivo de promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións e de favorecer a comunicación social das artes plásticas. Con este fin, o centro vén desenvolvendo un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea, recollendo e documentando tanto as súas actividades e exposicións como a súa colección.
Traxectoria do galardoado
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, especialidade de Escultura, Rosendo Cid dedícase tanto a esta arte visual como á fotografía, o colaxe ou o debuxo. É autor, así mesmo, de diversos catálogos e publicacións. Como parte do seu proceso creativo, busca obxectos e imaxes orfas coas que crea obras de arte que modifican e amplifican o sentido desde primeiros materiais. Expón regularmente desde o ano 2000. Ten participado en varios proxectos no CGAC. Así, en 2014 tomou o protagonismo coa mostra individual O enxeño da escaleira e este ano participou na mostra colectiva En construcción, conmemorativa dos 25 anos do CGAC. A súa obra forma parte da colección do centro. Ademais, neste mesmo ano acadou o Primeiro Accésit da segunda edición do certame de Relato Breve Nélida Piñón.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.