
Sonidos Mans, o programa de apoio ao talento musical organizado pola Fundación Paideia Galiza coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), acaba de pechar a súa segunda edición, durante a que cinco bandas emerxentes tiveron a oportunidade de tocar en diferentes festivais galegos de verán, así como de gravar un tema e un vídeo nos Estudios Mans da Coruña. Os grupos pontevedreses Innertes e La Cloaka Sound & J.C.A. foron elixidos xunto a The Niftys (Albacete), The Dawlins (Madrid) e Doña (Navarra) para participar nesta iniciativa como gañadores do concurso ao que se presentaron 330 propostas de toda España.
O Son do Camiño, PortAmérica, Vive Nigrán, Atlantic Fest, SinSal Son Estrella Galicia, Revenidas, O Marisquiño e Festival de la Luz foron os oito eventos colaboradores desta segunda edición e os encargados de seleccionar que bandas, de entre 25 finalistas, formarían parte da súa programación. Nunha fase previa, a xornalista musical Paula Quintana, directora e presentadora do programa Capitán Demo de Radio 3, encargouse de elixir 50 propostas entre as 330 presentadas, principalmente de Galicia (134), Madrid (60), Andalucía (33) e Cataluña (26).
A continuación, abriuse unha fase pública na plataforma www.sonidosmans.com, a través da que se emitiron preto de 50.000 votos que decidiron as 25 bandas emerxentes propostas aos festivais. Finalmente Innertes foron elixidos por PortAmérica e Vive Nigrán, La Cloaka Sound & J.C.A. por O Marisquiño; The Niftys por O Son do Camiño e Atlantic Fest; The Dawlins por Revenidas e Festival de La Luz; e Doña por Sinsal.
Esta iniciativa de apoio a formacións e artistas emerxentes enmárcase na liña de colaboración que a Agadic mantén coa Fundación Paideia-Estudios Mans co obxectivo de poñer en valor o emprendemento e a creatividade no ámbito musical. Neste caso, dándolle a oportunidade ás bandas gañadoras de Sonidos Mans de gravar nun estudio profesional e de compartir cartel con grandes figuras internacionais.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.