Notas de prensa

Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela e Compañía Ensalle protagonizan a segunda xornada de Galicia Escena Pro

Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas que se celebra en Santiago de Compostela, ten preparada unha segunda xornada con cinco compañías galegas como protagonistas: Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela Teatro e Compañía Ensalle. A través delas dáse conta da variedade de estilos que ofrece a carteleira desta sexta edición do encontro.

Como en anos anteriores, as localidades dispoñibles tras o acceso das persoas acreditadas póñense a disposición do público xeral de xeito gratuíto, previa retirada das entra-das no despacho de billetes correspondente desde una hora antes do comezo da repre-sentación.

Teatro familiar sobre a diversidade

O teatro para público infantil e familiar abrirá este segundo día de Galicia Escena PRO con A galiña azul, de Tanxarina. Esta montaxe de monicreques, que fala da diversidade e da solidariedade, poderá verse na sala 2 da Fundación SGAE, ás 11,00 h.

A sala Germán Coppini deste mesmo espazo acollerá Salvador, tamén en horario de ma-ñá (12,15 h.), Salvador. Este traballo do creador Borja Fernández segue a historia como emigrante no Brasil do seu avó paterno para construír un traballo escénico a medio ca-miño entre o documental e a ficción teatral, cos movementos migratorios, as desapari-cións e os encontros como principais eixos temáticos.

A quenda de tarde comezará ás 17,30 h. no Auditorio Abanca con Cranios privilexia-dos... ou crítica da razón perralleira, de Producións Teatrais Excéntricas. Carlos Santia-go é o director da nova comedia desta compañía compostelá, que poñen en escena Jo-sito Porto e Víctor Mosqueira.

A continuación, Sarabela Teatro presentarase en Galicia Escena PRO con O rei morre, versión libre da obra de Eugène Ionesco. Ana Vallés asina a adaptación e a dirección deste espectáculo, que interpretan Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago e Alfonso Míguez. A cita será no Teatro Principal, ás 19,30 h.

A segunda xornada deste encontro concluirá coa posta en escena de Procedimientos ante el vacío, da Compañía Ensalle, no Salón Teatro. Trátase dun traballo interdisciplinar, que se sitúa entre o teatro contemporáneo e a danza, e que ten o seu xermolo na colaboración artística emprendida entre a compañía viguesa e a bailarina e coreógrafa Mónica Valenciano.

O programa estritamente profesional inclúe a celebración mañá en Santiago do encontro da Coordinadora de Ferias Escénicas del Estado Español (COFAE), no que os responsables das mostras de artes escénicas aquí representadas debaterán sobre a situación do sector, tentando atopar ferramentas estratéxicas que permitan desenvolver unha planificación de cara aos próximos anos. As reflexións derivadas desta xuntanza, así como das que se están a desenvolver durante todo o ano no resto das feiras asociadas, serán recollidas nunha publicación a modo de plan estratéxico.

Galicia Escena Pro, 2018-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES