Notas de prensa

A Feira do Libro de Sanxenxo anima a vila con máis de 25 actividades

A Feira do Libro de Sanxenxo presenta un amplo programa de actividades, que deron comezo cun acto inaugural con pregón do filósofo e catedrático da USC Marcelino Agís. Ata o domingo 15, terán lugar na praza dos Barcos máis de 25 actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Presentacións e sinaturas de libros, exposicións, concertos, charlas e coloquios, ademais de actividades infantís, encherán de vida este céntrico enclave da vila.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou que “Sanxenxo é novidade no calendario das Feiras do Libro de Galicia e por iso lle desexamos todo o éxito para que se converta nunha cita da que se celebren moitas edicións”.

A Serpe Edicións, Libraría Pedreira, Aenea, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Arigató Ribeira, Libraría Vidal e Libraría Kathedra teñen stand nesta feira, na que a editorial Urco, ademais, ofrecerá unha exposición sobre a historia da literatura fantástica.

Pola feira pasarán escritoras como Ánxela Gracián, autora de Doce cartas a María Victoria Moreno; Miguel García Seoane, que firmará exemplares do seu libro Galicia inmaterial, Galicia máxica; ou o propio pregoeiro, Marcelino Agís, que volverá o sábado 14 a Sanxenxo para presentar o seu libro La historia de la filosofía como nunca te la habían contado.

“Sanxenxo, referente do verán galego, poderá aproveitar a presenza dos libros na rúa, os mellores embaixadores da nosa cultura”, afirmou Anxo Lorenzo durante a inauguración. O secretario xeral de Cultura lembrou a figura de María Victoria Moreno, “á que non poderemos ver, coa que non poderemos falar, pero á que honramos e lembramos co lema das Feiras do Libro deste ano: Ler sen fronteiras”.

Na inauguración estiveron tamén presentes a presidenta da Federación de Librerías de Galicia, Pilar Rodríguez e o alcalde do concello de Sanxenxo, Telmo Martín.

As citas cos libros continúan por toda Galicia

As Feiras do Libro de Galicia 2018 percorrerán ata o 25 de agosto un total de 16 concellos. Tras Sanxenxo, a cita trasladarase a Rianxo, Ponteareas, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. A Consellería de Cultura e Educación colabora con esta iniciativa coa achega, a través da Secretaría Xeral de Cultura, de 120.000 euros para o desenvolvemento desta programación.

Concello de Sanxenxo, 2018-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES