Noticias

A FP galega duplicará o inglés e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación en empresa

A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.

Así o explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que avanzou esta mañá en rolda de prensa a nova ordenación destas ensinanzas para os vindeiros cursos, xunto á directora xeral de FP, Eugenia Pérez. Tal e como explicou, o obxectivo é “blindar o modelo de éxito da Formación Profesional galega, un modelo de prestixio, confianza e utilidade que ten hoxe 64.570 matriculados, un 85% máis ca no curso 2008/09, e que conta cunha inserción de practicamente o 100% na FP Dual e de case o 85% no resto de ciclos”.

Román Rodríguez explicou que o Ministerio de Educación leva desde setembro do ano pasado incumprindo o seu propio calendario de implantación da nova lei de FP. “A menos de cinco meses para que comece o curso, o Ministerio aínda ten sen publicar a modificación do Real Decreto de Ordenación da FP, que tiveron que mudar polos seus erros e contradicións, e os reais decretos complementarios de actualización das titulacións”, sinalou.

Deberes feitos

“Estamos a falar de que o Ministerio ten en vilo a un amplo número de persoas e centros que conforman en Galicia o gran sistema da FP”, explicou o conselleiro, lamentando que os retrasos do Ministerio estean a xerar preocupación en todo este gran sistema de centros, docentes e alumnos.

“Diante desta situación de incerteza, en Galicia optamos por comezar a traballar e xa en xaneiro iniciamos os trámites para a elaboración do futuro decreto que regulará a FP na nosa Comunidade”, sinalou. O incumprimento dos prazos por parte do Ministerio fai imposible a publicación deste decreto para o curso que vén, polo que a Xunta está a elaborar unha orde para regular a nova ordenación da FP nos próximos dous cursos. “É dicir, unha vez máis, temos os deberes feitos antes de que o Ministerio remate os seus, pese a depender deles, dando certezas á comunidade educativa”, destacou o conselleiro. Engadiu, ademais, que “boa parte” dos cambios que introduce o Goberno central na lei son “puro maquillaxe”. “Facer para dicir que se fai, pero desde un fondo descoñecemento de como funciona a FP”, sentenciou.

Novos módulos

O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.

O Ministerio establece na nova lei a eliminación de módulos como o de Empresa e iniciativa emprendedora, o de Formación e Orientación Laboral e o de Formación en Centros de Traballo. O calendario de implantación proposto en Galicia prevé introducir os novos módulos a partir de setembro de 2024 nos primeiros cursos dos ciclos formativos ordinarios, así como nos Programas formativos para persoas con necesidades especiais e nos másteres de FP, e a partir do curso 25/26 tamén nos segundos cursos dos ciclos ordinarios e na oferta modular.

Os cambios realizaranse conforme ao seguinte cadro:

Grao e curso


Módulos novos


Módulos aos que substitúe

FP Básica

Curso 2024/25. 1º curso


Itinerario persoal para a empregabilidade


Novo módulo

FP Básica

Curso 2025/26. 2º curso


Proxecto intermodal de aprendizaxe colaborativa


Novo módulo

Ciclos de grao medio e superior

Curso 2024/25. 1º curso


Itinerario persoal para a empregabilidade I


Formación e Orientación Laboral

Inglés profesional




Módulo xa presente en Galicia en todos os ciclos de FP Dual e nos títulos implantados desde 2019

Sustentabilidade aplicada ao sector produtivo




Novo módulo

Ciclos de grao medio e superior

Curso 2025/26. 2º curso


Itinerario persoal para a empregabilidade II


Empresa e iniciativa emprendedora

Dixitalización aplicada ao sector produtivo


Novo módulo

Módulo optativo


Novo módulo

Proxecto intermodular


Módulo de proxecto (nos ciclos de grao superior)

Inglés profesional (módulo autonómico)




Módulo xa presente en Galicia en todos os ciclos de FP Dual e nos títulos implantados desde 2019

Co novo horario, a FP galega mantén o módulo de inglés autonómico, que xa estaba presente en todos os ciclos de FP Dual e en todos os títulos implantados a partir de 2019, a maiores do novo estipulado polo Goberno central. “É dicir, imos duplicar o inglés na FP respecto do básico establecido polo Ministerio”, destacou o conselleiro, “dando resposta as necesidades do tecido produtivo galego altamente internacionalizado”.

Máxima formación práctica

No referido á formación práctica, establécese a posibilidade de acadar os máximos establecidos pola lei: 480 horas para o grao básico e 700 horas para medio e superior. Ata o momento, os máximos eran de 320 horas na FP Básica, de 410 na FP de grao medio e de 384 na de grao superior. Neste caso, os cambios aplicarase de xeito íntegro a partir do vindeiro curso 2024/25.

O mínimo obrigatorio de 400 horas (para a FP Básica) e de 500 horas (para grao medio e superior) centrarase nos segundos cursos. Nos primeiros cursos, a formación práctica será flexible, con ata 80 horas en FP Básica e ata 200 no resto dos graos e poderá adaptarse a cada alumno (por exemplo os menores de 16 anos non poden facer prácticas nas empresas), situación e tecido produtivo. Ademais, esta formación poderá realizarse tanto na empresa como no centro, en función de cada particularidade.

Román Rodríguez puxo en valor que a FP galega conta coa confianza consolidada de máis de 12.000 empresas que colaboran coa formación práctica do alumnado, “polo tanto, agardamos ter unha gran resposta pola súa parte diante deste incremento de horas”. Ao tempo, salientou que o profesorado vai manter as súas funcións e horario.

A orde abordarase nas próximas semanas aos equipos directivos e á Xunta Autonómica de Directores e, unha vez o Ministerio publique a modificación do Real Decreto de Ordenación e os catro Reais Decretos complementarios, levarase o texto ao Consello Galego de FP e á Mesa Sectorial, co fin de que estea lista coa suficiente antelación para preparar o curso que vén. O encaixe organizativo avanzarase cos grupos de traballo creados para tal fin, con docentes de FP especializados en distintos perfís.

Consolidar o éxito

“Queremos seguir avanzando na consolidación do éxito deste sistema de FP galega, cunha oferta que responda aos intereses da sociedade e dos tecidos produtivos, mantendo o compromiso e a confianza das empresas, potenciando a rede de centros integrados e impulsando unha FP Dual que é un referente para toda España e que ten incrementado a súa matrícula nun 97% en catro anos”, dixo o conselleiro.

“A nova lei de FP copia moitos dos avances da FP galega nos últimos anos. En Galicia imos aproveitar esta vantaxe competitiva para seguir mellorando, no marco da Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030”, rematou.

R., 2024-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (gilberto-santa-rosa.jpg) O Auditorio Mar de Vigo acollerá o vindeiro 18 de decembro un concderto do artista portorriqueño Gilberto Santa Rosa dentro da programación musical de Concertos do Xacobeo. O artista portorriqueño, recoñecido mundialmente como 'El Caballero de la Salsa' e recentemente nomeado ao Grammy 2026 polo seu álbum Debut y Segunda Tanda, vol. 2, traerá ao Auditorio Mar de Vigo o seu espectáculo Navidades, unha proposta que combina a forza da salsa coa elegancia e a emoción que marcaron toda a súa carreira. A cita do 18 de decembro en Vigo forma parte dunha serie de concertos especiais coa que o artista celebra as festas acompañado pola súa orquestra habitual e unha posta en escena coidada ao detalle. O artista chega a esta cita nun momento especialmente significativo, tras ser nomeado ao Grammy 2026 polo seu álbum Debut y Segunda Tanda, vol. 2, recoñecido como un dos traballos máis destacados do xénero tropical latino este ano.
Foto de la tercera plana (turismo-fisterra.jpg) Galicia recibiu máis de 6,63 millóns de visitantes entre xaneiro e outubro, que sumaron 12,35 millóns de noites no mesmo período, rexistrando incrementos que superan o 2% en ámbolos dous indicadores. O gasto medio do turista do segundo semestre de 2025 situouse en 114,69 euros, un 5,8% máis que en 2024. Isto supón unha mellora da competitividade a da imaxe da oferta turística de Galicia, reforzando o seu carácter como destino serio, profesional e diferenciado sobre a base da calidade, sustentabilidade, cultura e boas prácticas.

Notas

Despois do éxito da primeira edición en 2024, o Congreso Internacional de Paratradución, Interlinguas e Transmedia regresará ao campus de Vigo en marzo de 2026. Esta segunda edición terá lugar os días 25, 26 e 27 e a Facultade de Filoloxía e Tradución repetirá como sede do que pretende ser o segundo evento científico dunha serie que, ao longo dos anos, estudará as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas vixentes para traducir entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia en pantalla e fóra dela.
O CITIC da Universidade da Coruña reafirma o seu papel como referente europeo en solucións TIC aplicadas á saúde a través da súa participación no proxecto europeo RePo-SUDOE, centrado no reposicionamiento de fármacos mediante medicina personalizada. O equipo liderado por Carlos Fernández Lozano traballa na optimización de tratamentos grazas a ferramentas TIC avanzadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES