
O mes de xullo será o que maior número de actividades albergue do calendario da Rede Cultural 2018, ao rexistrar 384 espectáculos. Neste sentido, é salientable a intensa actividade cultural que terá lugar na semana grande de Galiza, do 23 ao 29 de xullo, onde se levarán a cabo 86 eventos. Así mesmo, agosto achegará ás vilas e pobos da Coruña un total de 302 actuacións espalladas entre espectáculos de música, cine, teatro ou danza, cos que desde a Deputación da Coruña, en colaboración cos seus concellos, se pretende facer chegar a Cultura a todos e cada un dos recunchos da provincia, e impulsar así o lema que promove a área de Cultura da deputación, a Cultura é un dereito.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que a idea é que toda a nosa veciñanza poida gozar da cultura en igualdade de condicións, máis alá dos recursos dos que dispoña cada municipio, a través dun circuito que, segundo engadiu, quere fomentar o traballo e os proxectos das nosas creadoras e artistas e difundir a produción cultural de maneira ampla, seguindo o noso lema de que a cultura é un dereito.
Co obxectivo de potenciar o desenvolvemento de actividades culturais por todo o territorio, difundir a cultura galega, e seguir a incrementar a participación das veciñas e veciños nos espectáculos, a web da Deputación pon por primeira vez a disposición da veciñanza "unha axenda na que se inclúen a totalidade dos espectáculos do circuíto cultural", e na que se poden consultar os emprazamentos e os horarios das actuacións.
Así, o calendario da Rede Cultural 2018 pódese consultar na seguinte ligazón da web Deputación da Coruña que ofrece a posibilidade de distintas búsquedas, entre elas, por concellos:
https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/redcultural/agenda
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.