Buscador
Noticias
Galicia converterase na capital mundial da maxia do 3 ao 20 de outubro coa terceira edición do Festival Galicia Ilusiona. O Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona comezará o vindeiro 3 e 4 de outubro en A Coruña, para continuar o 5 en Ourense; o 6 en Pontevedra; o 11 e o 12 en Santiago de Compostela; o 13 en Ferrol; o 18 en Lugo e finalmente, o 19 e 20 en Vigo. En total serán 20 sesións da maxia máis internacional. As entradas poden mercase aínda na web de Galicia Ilusiona. Así o anunciou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na presentación desta iniciativa que, encherá a oferta turística urbana do outono con sesións de maxia nas sete principais cidades de Galicia.
Os hoteis galegos incrementaron o pasado mes de agosto un 8,5% a súa rendibilidade e acadaron máximos históricos de ingresos hoteleiros, ata chegar aos 81,6M euros nese mes, cifra un 6% superior ao ano pasado. Así se desprende dos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O segmento hoteleiro rexistrou en concreto, preto de 768.000 viaxeiros aloxados e 1,7 millóns de noites, en ambos casos máximos da serie histórica e cifras que superan os valores do mesmo mes do ano pasado nun 6,6% e nun 3,5% respectivamente. Supón tamén que os hoteis e pensións medraron en agosto por riba da media española.
A Rede Española de Ciencia e Tecnoloxía para a Conservación do Patrimonio Cultural (TechnoHeritage) celebrará a vindeira semana en Santiago de Compostela o seu congreso internacional, logo dunha primeira edición celebrada xa na capital galega en 2012. Nesta ocasión, o 5º Congreso Internacional TechnoHeritage2024 desenvólvese conxuntamente ao 1º Encontro Bienal do Grupo Especializado de Química para o Estudo e Conservación do Patrimonio Cultural (GEQP) da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo hoxe entrega en París ao embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, do primeiro avance do expediente da candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra de cara a acadar en 2026 o recoñecemento como Patrimonio Mundial. Trátase dun trámite necesario para avanzar no futuro do territorio para obter o máximo recoñecemento da Unesco. 'Estamos a dar os pasos precisos e cumprindo cos trámites establecidos para ter este recoñecemento', aseverou o titular de Cultura do Goberno galego, tras o encontro na capital de Francia co embaixador de España ante a Unesco, no que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou hoxe a Pedro Sánchez avances na mellora das infraestruturas de transporte galegas, que se axilice a chegada de financiamento para os proxectos industriais viables e sostibles e que haxa progresos no traspaso de competencias á comunidade autónoma. Así o detallou en rolda de prensa tras unha reunión co Presidente de Goberno, da que destacou o seu ton cordial e institucional, mais lamentou que houbo 'moitas boas palabras, pero poucas concrecións'. No encontro, o titular do Executivo galego expuxo as demandas prioritarias da comunidade e recordou os compromisos pendentes da anterior xuntanza, celebrada en xullo de 2022.
Ante a presenza de partículas de po en suspensión procedentes do fume dos incendios de Portugal, que pode producir efectos adversos na saúde, a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, fai unha serie de recomendacións á cidadanía. Ata que este episodio non remate, a Xunta recomenda tomar precaucións como non practicar actividades ao aire libre, sobre todo exercicio intenso, pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios, manterse en ambientes húmidos e hidratarse, sobre todo, no caso daquela poboación que pode ser máis sensible.
O cinema galego volve contar cunha sección propia no London Spanish Film Festival, denominada Letters from Galicia, para exhibir na capital británica algunhas das producións do cinema galego máis recente. A Xunta de Galicia colabora coa asociación Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, e a plataforma Galician Film Forum nesta segunda edición da iniciativa ao abeiro do certame londiniense, que se desenvolve ata o día 25. Letters from Galicia acollera as proxeccións de O Corno (2023) e o documental Salvaxe, Salvaxe (2024), ademais dunha selección de curtas.
A Xunta de Galicia ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de fondos Next Generation que xestiona o goberno autonómico no eido turístico. Nos últimos anos estívose a axilizar e avanzar na mobilización destes fondos coa intención de aproveitar a oportunidade que supón esta inxección económica para mellorar, renovar e completar a oferta turística galega da man da sostibilidade. Entre as accións realizadas a través de plans e liñas de axuda están as destinadas a implantar medidas de eficiencia enerxética nos establecementos turísticos cun investimento de 10M€ -a maior liña de axudas en orzamento posta en marcha cos Next Generation- que se suma aos 3M€ dunha convocatoria anterior.
Como unha experiencia transfronteiriza de éxito e como un exemplo dos froitos que dá fomentar a colaboración internacional no eido do coñecemento. Así se presentou este mércores no campus de Ourense o programa Iacobus, iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-norte de Portugal que fomenta a cooperación científica e o intercambio de persoal docente, investigador e de administración e servizos do ámbito da educación superior galega e portuguesa. Cando se compren dez anos da súa posta en marcha, o programa celebrou en Ourense o seu primeiro congreso reunindo a autoridades e participantes nesta iniciativa.
A Rede Española de Ciencia e Tecnoloxía para a Conservación do Patrimonio Cultural (TechnoHeritage) volve celebrar en Santiago o seu congreso internacional, logo da primeira edición en 2012. Nesta ocasión, o 5º Congreso Internacional TechnoHeritage2024 desenvólvese conxuntamente ao 1º Encontro Bienal do Grupo Especializado de Química para o Estudo e Conservación do Patrimonio Cultural (GEQP) da Real Sociedade Española de Química (RSEQ). Esta cita científica terá lugar do 25 ao 27 de setembro no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, un escenario perfecto para o intercambio de coñecementos e ideas en ciencia, con especial relevancia da química e tecnoloxía.