Noticias

Os hoteis galegos incrementan en agosto un 8,5% a súa rendibilidade e medran por riba da media española

Os hoteis galegos incrementaron o pasado mes de agosto un 8,5% a súa rendibilidade e acadaron máximos históricos de ingresos hoteleiros, ata chegar aos 81,6M euros nese mes, cifra un 6% superior ao ano pasado. Así se desprende dos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O segmento hoteleiro rexistrou en concreto, preto de 768.000 viaxeiros aloxados e 1,7 millóns de noites, en ambos casos máximos da serie histórica e cifras que superan os valores do mesmo mes do ano pasado nun 6,6% e nun 3,5% respectivamente. Supón tamén que os hoteis e pensións medraron en agosto por riba da media española.

Ese mes, dúas de cada tres noites nos hoteis e pensións de Galicia corresponderon aos españois que veñen de fóra da comunidade, a porcentaxe máis alta dos últimos meses. Con todo, e na liña do que vén sucedendo este ano, en agosto tamén medra o mercado internacional, que consolida catro anos consecutivos de crecemento da demanda. En concreto, medra un 6% e acada un máximo da serie histórica con 355.000 noites neste segundo mes do verán.

De xeito acumulado dos oito primeiros meses do ano, o sector hoteleiro continúa a avanzar de xeito cualitativo. Coas cifras ata agosto, estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais de 297 millóns de euros no conxunto deses meses do ano, cifra que supera o dato do pasado ano nun 7,0%, así como o valor previo á pandemia, no ano 2019, cando se facturaban 220 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade. Marca, con isto, a cifra máis elevada da serie histórica.

R., 2024-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (educacion-secundaria.jpg) A Xunta de Galicia vén de remitir ás organizacións sindicais a proposta para adiantar a 2028 a redución de ratios na etapa de Secundaria, que será abordada na Mesa Sectorial Docente que terá lugar o vindeiro día 30. A documentación elevada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP recolle que a partir de setembro de 2028 implantarase a redución de ratios ata 25 alumnos por aula na ESO fronte aos 30 vixentes no conxunto de España. Esta diminución arrancará para 1º curso de ESO e irá implementándose ano a ano e curso a curso. Unha vez completada toda a etapa de ESO, arrancará a redución a 30 alumnos por aula en Bacharelato, fronte aos 35 a nivel estatal, aínda que en Galicia xa está a 33.
Foto de la tercera plana (medallas-castelao-2026.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2026, despois de que o Consello aprobase concedérllelas ao músico Esteban Batallán Cons, á científica Mar Capeáns Garrido, ao atleta Adrián Ben, á propietaria dos restaurantes La Penela, María Barallobre, e á Fundación Andrea. É un dos recoñecementos máis importantes da nosa Comunidade. O Consello acordou recoñecer o traballo da Fundación Andrea, que apoia de xeito integral ás familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Notas

O grupo de Nanomateriais Biomiméticos do CINBIO acaba de incorporar un microscopio hiperespectral de campo escuro que permitirá estudar nanopartículas individuais e coñecer con maior precisión as súas propiedades ópticas. A nova infraestrutura supón un importante avance para o desenvolvemento do proxecto Chiral-Pro, centrado en comprender como interactúan as nanopartículas quirais con proteínas e outras biomoléculas.
A Deputación da Coruña entregou no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Cidade das TIC, os Premios do Plan de Emprego Local (PEL) 2026, os galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano o talento, a innovación, a capacidade de xerar emprego e o compromiso co territorio das empresas, autónomos e iniciativas emprendedoras da provincia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES