Archivo (6 del 2024)

Buscador

Noticias

Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. A peza nace do desexo do director artístico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, de recuperar a historia esquecida das máis de 200 mulleres que, durante a construción do Dique da Campá de Ferrol entre 1874 e 1879, retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as súas cabezas. Nova Galega de Danza formou un equipo artístico e técnico integramente feminino, con Marta Pazos á fronte da dirección.
Galicia defende a necesidade de que as posicións das comunidades autónomas sexan escoitadas e as súas singularidades tidas en conta na toma de decisións dentro da Unión Europea. Así o vai defender a comunidade galega nos Consellos de Ministros de Medio Ambiente do segundo semestre do ano, no que ostentará a representación das autonomías españolas. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe nun encontro por videoconferencia que serviu para proceder ao traspaso.
Unha serie de espazos comúns virtuais, inspirados nas contornas dos tres campus da Universidade de Vigo e que poden empregarse como salóns de actos ou como espazos de presentación e exhibición, nos que a comunidade universitaria pode interactuar a través dun avatar. Pero tamén espazos para actividades específicas de diferentes ámbitos e titulacións, como a aplicación de realidade virtual para a simulación de procesos de creación audiovisual desenvolvida na Facultade de Comunicación.
O Proxecto Nós, que desenvolven o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), ambos os dous da USC, vén de anunciar a creación de Carballo, un modelo de linguaxe de grande escala de alta calidade en galego que permitirá a creación de novas ferramentas e aplicacións de IA xerativa para a lingua propia de Galicia. Carballo, o meirande creado nunca para o galego, é un modelo coñecido como fundacional por ser a peza básica -e esencial- para construír ferramentas versátiles e de moi alta calidade mediante IA xerativa con tecnoloxía lingüística, como chatbots, tradutores ou correctores automáticos.
O alumnado galego volve destacar en PISA e sitúase no grupo de cabeza de España con mellores resultados en pensamento creativo, segundo se desprende dos datos do informe español dado a coñecer hoxe. Galicia obtén unha puntuación media de 34,3 puntos, 1,5 por riba da medida de España (32,8 puntos), 1,6 dos países da OCDE (32,7 puntos) e 2,2, da Unión Europea (32,1). No panorama español, a nosa Comunidade sitúase entre as tres onde se rexistraron mellores resultados, a tan só cinco décimas de Madrid, que encabeza o ránking con 34,8 puntos, e tres décimas de Castela e León, que ocupa a segunda posición con 34,6. Son, xunto a Asturias, as catro únicas autonomías que superan os 34 puntos, o que as sitúa no nivel 4, o mesmo no que se atopan os países con mellores puntuacións de todo o mundo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonónimo destinará 'máis de 12,5 millóns de euros' para garantir a asistencia sanitaria no verán. Este investimento dirixirase 'a contratar médicos para substituír aos que están de vacacións, contratar a facultativos adicionais e reforzar os centros das zonas con maior afluencia nesta época do ano'. Ademais das medidas ordinarias de organización de profesionais que se veñen realizando cada ano, a Consellería de Sanidade considera necesario poñer en marcha outras de carácter extraordinario, dirixidas a dotar de suficiente persoal os centros durante o verán e 'a garantir a máxima calidade na atención sanitaria durante uns meses especialmente complicados'.
A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024, certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior. As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada unha delas dispoñen de dous meses para entregar as candidaturas, tal e como se recolle no Diario Oficial de Galicia. Deste xeito, as solicitudes deberán ser presentadas ata o 13 de agosto por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O titular da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia porá en marcha o vindeiro curso o Plan FPGal360 de orientación profesional integral, dotado con 24 M€ ata 2028. Unha medida que, tal e como apuntou, conta cun dobre obxectivo: 'conseguir que o 100 % dos rapaces galegos sigan formándose ata, polo menos, cumprir os 18 anos e atraer de novo ao sistema educativo a persoas con baixa cualificación ou que queren mellorar a que teñen', sinalou. Trátase por tanto, de reducir o abandono escolar na comunidade, a pesar de que Galicia está en 'mínimos históricos' na taxa de abandono temperá (8,8%) - adiantándose sete anos ao obxectivo do 9 % fixado pola UE para 2030- fronte ao 13,6% do conxunto de España. 'Queremos seguir avanzando e o ideal sería chegar á taxa de abandono escolar cero', apuntou.
O cantante Rod Stewart vén de incorporarse ao cartel de O Gozo Festival 2024 co concerto que realizará o vindeiro 15 de decembro no Coliseum da Coruña. O artista, con máis de 250 millóns de discos e singles vendidos na súa carreira musical, chegará a Galicia da man deste festival que, ademais, ten programadas distintas opcións durante este ano en diferentes cidades galegas a cargo de reputados artistas internacionais. Nestes momentos hai máis de 52.000 entradas vendidas para o inicio da programación con público confirmado de Uruguay, Finlandia, México, Arxentina, Irlanda ou Xapón.
A posta en escena de La Bohème abrirá esta 72ª edición con dúas representacións o 8 e o 10 de setembro no Palacio da Ópera. A homenaxe a Puccini arranca, pois, cunha das súas obras máis coñecidas, que regresa á Coruña despois de 17 anos. Con ela, volven tamén á Temporada Lírica o tenor Celso Albelo e a soprano Miren Urbieta-Vega, nos papeis protagonistas desta produción da Luglio Musicale Trapanese, con dirección escénica de Danilo Coppola. Helena Abad, Manuel Mas, Simón Orfila, Pablo Carballido, Jacobo Rubianes e Alfonso Castro completan o elenco desta montaxe, na que José Miguel Pérez-Sierra levará a batuta da Orquestra Sinfónica de Galicia e para a que se contará, así mesmo, cos coros Gaos e Cantabile.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (168)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES