
Precísase engadir a maiores os méritos das candidaturas acompañados dunha xustificación descritiva de entre 15 e 20 liñas.
O xurado, presidido polo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, estará composto ademais por un máximo de 10 vogais representantes do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Vigo, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, das áreas de Promoción de Igualdade e Cultura da Xunta de Galicia e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido cultural designadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
En cada modalidade, o recoñecemento non poderá recaer en máis dunha persoa e se concederá un único premio correspondente a unha peza artística ou obxecto conmemorativo de prestixiosa autoría galega, acompañado dun diploma acreditativo. Na data de formalización da candidatura, as persoas participantes deberán estar vivas e os colectivos e entidades deben ter actividade.
Galardóns á creatividade galega de alto nivel
Os Premios da Cultura Galega constitúen un medio de recoñecemento e difusión á excelencia creativa, á capacidade de intercambio, á experimentación e á proxección da construción cultural de Galicia. Na pasada edición os galardoados foron a poeta Yolanda Castaño, na modalidade de Letras; o Museo do Gravado á Estampa Dixital, en Artes Visuais; a produtora PistaCatro, en Artes Escénicas; a Banda de Música Unión de Guláns, en Música; a produtora Portocabo, en Audiovisual; a asociación Ponte...nas Ondas!, en Lingua; o historiador Eduardo Pardo de Guevara, en Patrimonio Cultural, e os cursos de verano Galego sen fronteiras, en Proxección Exterior.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.