Archivo (5 del 2024)

Buscador

Noticias

Situar a sanidade galega na vangarda da protección do medio ambiente é o obxectivo da Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde 2030, que acaba de poñer en marcha os seus primeiros proxectos. O grupo de traballo de implantación vén de celebrar esta semana unha nova xuntanza na que se abordaron, entre outros asuntos, a uniformidade de datos da pegada de carbono que se achegarán ás Nacións Unidas e ao Ministerio de Sanidade pola carreira cara ao cero, así como a análise do estado de situación dos proxectos tractores das áreas sanitarias.
Dentro do seu compromiso por seguir afondando nun turismo de calidade e desestacionalizado e tamén na procura de fórmulas que atraian a Galicia viaxeiros de alta capacidade de gasto, Turismo de Galicia está participando en Milán nunhas xornadas con máis de 20 operadores especializados neste mercado. Enmárcase na aposta por seguir reforzando a presenza do turista internacional, que está medrando nos últimos anos e que é un dos obxectivos estratéxicos máis inmediatos. Ademais, lévase anos traballando para atraer un tipo de viaxeiro de alto poder adquisitivo que estatisticamente realiza un importante número de viaxes ao ano, polo que contribúe a romper a estacionalidade turística.
Foi presentada na Casa do Concello de Ribadavia a oitava edición de No bico un cantar, unha proposta que reunirá este venres a un coro de máis de 350 nenos e nenas para homenaxear a Xeración Nós coa interpretación de poemas de Otero Pedrayo, Risco ou Álvaro de las Casas. Esta proposta que adobía música, poesía e mocidade lévase celebrando ao abrente do verán dende o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia co obxectivo de unir a música e a tradición literaria galega para divulgala entre o alumnado dos conservatorios profesionais de música e os centros do ensino musical de toda Galicia. Baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento nos metais de Hércules Brass, os versos de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Álvaro de las Casas cobrarán vida nas voces de nenas e nenos dos conservatorios das sete cidades galegas.
Entre as principais novidades da actualización de 2024 está o incremento do número de cámaras nos montes que permitirá que o 85% do territorio galego en risco de incendio contará con videovixilancia. En concreto, vanse instalar outras 24 cámaras en 12 novas localizacións, e dicir, a rede de videovixilancia fixa vai contar con 177 cámaras en 88 puntos. Á hora de establecer a localización concreta das cámaras, tívose en consideración o feito de que proporcionen cobertura visual das zonas nas que se rexistra unha maior actividade incendiaria, con especial atención ás Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) e ás zonas de alto risco de incendios (ZAR).
Nos primeiros catro meses do ano o sector hoteleiro galego continuou avanzando na mellora da súa rendibilidade, cun crecemento do 2% e acadando os niveis maís elevados desde que se teñen rexistros. Así se desprende dos últimos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras constatan os efectos que está a ter a positiva evolución da actividade turística entre o sector hoteleiro. De feito, estímase que nestes catro meses, os hoteis e pensións obtiveron uns ingresos totais nominais de máis de 74M€, cifra que supera o dato do ano pasado así como o valor previo á pandemia cando se facturaban 62 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade galega. Con isto, esta é a cifra máis elevada da serie histórica.
Máis de 200 profesionais da produción, distribución e programación das artes escénicas daranse cita en Santiago de Compostela do 27 ao 30 de maio para participar na 11ª edición de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta para favorecer a contratación de espectáculos galegos por parte de espazos culturais, circuítos e mostras de dentro e fóra da nosa Comunidade. O mercado ofrece 20 espectáculos de diferentes disciplinas e formatos, tanto de compañías de ampla traxectoria como de novos nomes que se están a consolidar no actual panorama escénico galego, así como presentacións ‘pitching’ doutros 12 proxectos, dúas mesas redondas sobre os principais retos no eido da programación cultural, e un concerto a cargo de Sabela.
O dispositivo de loita contra incendios forestais da Xunta contará este ano, por primeira vez, con seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes, que poden realizar tanto labores preventivas como de extinción. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, co gallo da súa participación na reunión do Consello Forestal de Galicia, que entre outros asuntos coñeceu as actualizacións do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2024. Este documento contempla entre as súas novidades a adquisición destes vehículos autopropulsados, que permiten facer traballos preventivos de roza (incorporando, de accesorio, un brazo lateral con disco de corte) e de extinción.
A Cidade da Cultura foi hoxe o escenario escollido para o lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat VI, no marco do proxecto da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA). Durante o voo, que se prolongou máis de dúas horas, a cápsula MarumaSat mediu a velocidade do son a diferentes alturas e creou unha melodía que se obterá empregando ChatGPT para correlacionar notas musicais con algunhas das variables que mide a sonda como pode ser a presión ou temperatura, relacionando así a ciencia coa arte e a accesibilidade. Ademais, no momento do lanzamento ao que asistiu o secretario xeral da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, a cápsula estratosférica levou unha mostra de ADN humano e dun fungo para ver a influencia que neles ten a exposición á radiación UV.
Do 24 ao 26 de maio a Primavera de portas abertas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra ofrecderá unha ampla programación de rutas, catas e actividades enolóxicas e culturais. O sábado e o domingo están previstas visitas guiadas durante todo o día para percorrer algunhas das 13 adegas adheridas ao programa, museos e outros lugares de interese; inclúen o traslado en autobús con saídas desde A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Lugo, neste caso desde a Praza de Bretaña ás 9,30 horas. Ademais, a iniciativa de Turismo de Galicia ofrece desde este venres 13 actividades en distintas localizacións da Ribeira Sacra.
Foi presentada a Liga Xunta de Galicia de Break 2024, na que será a súa cuarta edición, e que terá lugar en nove sedes galegas e que contará coa participación dun cento de bboys e bgirls nas categorías de iniciación, intermedia e avanzada ao longo do ano 2024. Desde 2021, ano no que se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se lanzou a primeira edición da Liga Xunta de Galicia, o baile deportivo e o breakdance non deixaron de medrar como demostra a constitución da Federación Galega de Baile Deportivo en 2023 que hoxe conta xa con preto de 600 licenzas.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (168)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES