Noticias

Esta fin de semana terán lugar as xornadas de portas abertas do viño da Ribeira Sacra, con rutas, catas e outras actividades

Do 24 ao 26 de maio a Primavera de portas abertas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra ofrecderá unha ampla programación de rutas, catas e actividades enolóxicas e culturais. O sábado e o domingo están previstas visitas guiadas durante todo o día para percorrer algunhas das 13 adegas adheridas ao programa, museos e outros lugares de interese; inclúen o traslado en autobús con saídas desde A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Lugo, neste caso desde a Praza de Bretaña ás 9,30 horas. Ademais, a iniciativa de Turismo de Galicia ofrece desde este venres 13 actividades en distintas localizacións da Ribeira Sacra.

A Xunta de Galicia celebra do 24 ao 26 de maio a Primavera de portas abertas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cunha ampla programación de rutas, catas e actividades enolóxicas e culturais. O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo polo delegado, Javier Arias; o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e o presidente do Consello Regulador da Denominación, Antonio Lombardía.

Arias destacou que o sábado e o domingo están previstas visitas guiadas durante todo o día para percorrer algunhas das 13 adegas adheridas ao programa, museos e outros lugares de interese; inclúen o traslado en autobús con saídas desde A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Lugo, neste caso desde a Praza de Bretaña ás 9,30 horas.

Ademais, a iniciativa de Turismo de Galicia ofrece desde este venres 13 actividades en distintas localizacións da Ribeira Sacra, entre elas a ruta literaria “Todo esto te daré”, baseada no libro de Dolores Redondo; o obradoiro “Enólogo por un día”, unha excursión en segway, paseos en barca polo río, e visitas ao Centro do Viño, o ecomuseo de Arxeriz, Monforte de Lemos, varios miradoiros, ou as oliveiras, viñedos e o Museo Etnográfico de Quiroga, entre outras. Os detalles de cada experiencia poden consultarse na web de Turismo de Galicia.

A Primavera de portas abertas é una acción promocional que leva a cabo Turismo de Galicia en colaboración coas Denominacións de Orixe vitivinícolas galegas. Deu comezo o 3 de maio en Valdeorras, continuou nas sucesivas fins de semana nas Rías Baixas e o Ribeiro, recala agora na Ribeira Sacra e rematará o 2 de xuño en Monterrei.

A proposta impulsa a viticultura e o turismo enogastronómico como principais elementos dinamizadores deses territorios, promocionando a súa oferta turística e incentivando a comercialización dos seus viños.

R., 2024-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES