
O grupo de traballo de implantación, formado por 20 especialistas, deseñou a folla de ruta desta estratexia para os vindeiros seis anos, centrada na análise da pegada de carbono e futura tendencia á descarbonización; nos proxectos tractores das áreas sanitarias como o Life Resystal CHUO, Interreg de Eficiencia energética CHUS, Coolfood Pledge Coruña-Vigo e Mentoring Low Carbon Lugo; e na translación a Galicia da New European Bauhaus, coordinada desde a empresa pública de servizos sanitarios Galaria, con iniciativas como a construción dunha cabana terapéutica no Hospital Álvaro Cunqueiro.
A Estratexia busca que o sector sanitario actúe como eixo vertebrador e impulsor dunha transformación cultural baseada na sustentabilidade. Unha serie de medidas que permitirán aforrar custos, acadar unha maior eficiencia e diminuír as emisións en todas as instalacións sanitarias.
Entre os obxectivos concretos está reducir en máis de 46.500 as toneladas anuais de emisións de CO2 ata 2030, é dicir, o equivalente a plantar máis dun millón de árbores.
Sinalar, así mesmo, que a Estratexia inclúe diferentes medidas como a redución na xeración de refugallos e o uso de combustibles fósiles, a construción de centros sanitarios con materiais sostibles, o ecodeseño de procesos asistenciais, o fomento da investigación en I+D neste eido ou fomentar o consumo responsable e sostible entre pacientes, traballadores ou provedores.
Primeiros pasos
O grupo de traballo interdisciplinar será o encargado de identificar, analizar, revisar procesos e áreas de mellora, así como de propoñer medidas e solucións concretas para optimizar recursos e gañar en eficiencia enerxética e ambiental. A formación, a docencia, a investigación e a colaboración en rede con outras entidades do ecosistema europeo complementarán a misión deste grupo de persoas expertas.
Galicia, pioneira en participar en proxectos internacionais sustentables
O sistema sanitario galego conta cunha ampla experiencia en materia de sostibilidade. De feito, é pioneiro e un referente ao participar en diferentes iniciativas internacionais. Ao respecto, o Servizo Galego de Saúde é o único sistema sanitario europeo que participa como socio na Nueva Bauhaus Europea -un proxecto que aposta polas construcións sostibles para mellorar a calidade de vida e non hai ningunha outra administración sanitaria española involucrada nun proxecto da ONU para intentar acadar as cero emisións de carbono nas instalacións sanitarias en 2040.
Ademais, a sanidade galega ten en marcha outros programas para a redución de uso de plásticos nos centros hospitalarios ou as emisións de gases á atmosfera que provoca o sistema de anestesia das intervencións cirúrxicas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.