Archivo (12 del 2024)

Buscador

Noticias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a integración dos 58.328 mutualistas de Muface existentes na comunidade no Servizo Galego de Saúde suporía 'un investimento extra de 170 millóns de euros ao día e incrementar en case 12 días a espera media para operar e en 4 días o acceso á primeira consulta co especialista'. O Consello da Xunta avaliou hoxe o informe elaborado pola Consellería de Sanidade en que se recolle o impacto que suporía a integración no sistema sanitario público dos pacientes de Muface. Tal e como indicou o presidente, incorporar a preto de 60.000 novos pacientes 'implicaría un aumento da actividade e a necesidade de incrementar recursos e persoal'.
O Servizo Galego de Saúde presentou este mércores ás organizacións sindicais da Mesa sectorial de Sanidade –CIG, CSIF, CCOO, e UGT- a Oferta de Emprego Público (OPE) do ano 2024, con 1.157 prazas previstas. Durante a xuntanza, o Servizo Galego de Saúde presentou aos axentes sociais o texto do proxecto de Decreto, o anexo de prazas ofertadas e deu resposta ás alegacións formuladas polos sindicatos. Neste senso, deuse por negociado e aprobado o texto -co voto favorable de CSIF,CCOO e UGT-, ao dar a súa aprobación ao proxecto presentado.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a conselleira de Saúde de Asturias, Concepción Saavedra Rielo, asinaron hoxe, no Hospital Lucus Augusti, un convenio de colaboración para garantir a asistencia sanitaria nas zonas limítrofes das dúas comunidades e reducir os tempos de atención. O conselleiro de Sanidade sinalou que a sinatura deste acordo é a expresión clara da responsabilidade compartida á hora de garantir unha atención sanitaria de calidade, eficiente e accesible para a veciñanza, independentemente da súa localización xeográfica. Referiu que este acordo é o inicio dun camiño de colaboración sanitaria que Galicia e Asturias agardan ampliar no futuro para chegar a máis xente e a novos ámbitos.
A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo desde o ano 2021 e insiste en reclamarlle ao Goberno central que rectifique a súa postura sobre esta especie. Durante un encontro que mantivo con gandeiros na explotación de vacún De Vázquez no Pino, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, fixo fincapé en que desde a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) en setembro de 2021, os avisos por ataques pasaron de 1.204 a 2.074.
Entre os meses de xaneiro e outubro de 2024 rexistráronse en Galicia un total de 105 incendios forestais, que afectaron 2.133 hectáreas, sendo estes os números máis baixos da última década na nosa comunidade. O territorio provincial con máis rexistros no referido período de xaneiro a outubro foi o de Ourense, con 37 incendios e 898 hectáreas ardidas; seguido de Pontevedra, con 31 lumes e 700 ha; Lugo, con 21 incendios e 321 ha e A Coruña, con 16 incendios e 212 ha afectadas. No que atinxe ao período de alto risco (entre xullo e setembro), a conselleira incidiu en que o número de incendios foi o máis baixo da serie histórica, con 71 en total no conxunto de Galicia e 1.407 hectáreas ardidas.
Galicia obtivo, con 121.742 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de novembro desde que hai rexistros (1996) e rexistra 17.555 novas afiliacións á Seguridade Social, en relación con novembro de 2023. Ademais, na evolución anual reduce a cifra de desemprego (-7,19%) a un ritmo maior que España, superando a baixada da cifra estatal (-5,44%) en 1,75 puntos. En relación coa comparativa interanual, o paro cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-13,32%) e o sector primario (-12,38%). Tamén baixa o desemprego nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia que agora será remitido ao Parlamento. Deste xeito, salientou que, 'Galicia convértese na primeira rexión europea en regular por lei o deseño, adquisición e uso desta ferramenta, primeiro na administración e logo en toda a sociedade'. O obxectivo, tal e como resaltou o conselleiro de Facenda e Administración pública, Miguel Corgos, é garantir un desenvolvemento e unha utilización da intelixencia artificial 'ética, segura, fiable e centrada nas persoas'. 'Dotamos á comunidade dun marco xurídico estable que de certezas e blinde dereitos', engadiu.
Galicia supera por primeira vez os 12,4 millóns de noites realizadas por viaxeiros aloxados en establecementos da Comunidade nos dez primeiros meses do ano. Así o recolle os datos feitos públicos hoxe polo INE nos que rexistran 6.641.932 viaxeiros neste período, o que supón un incremento do 1,4% con respecto ao mesmo de 2023. O número de noites foron 12.442.445, confirmándose ademais 66.000 novas noites con respecto do nivel do pasado ano. En canto á distribución da demanda, o 71% corresponde ao segmento hoteleiro (57% en hoteis e 14% en pensións) o 29% no extrahoteleiro (10,8% en albergues, 9,7% en cámpings, 5,7% en apartamentos turísticos e 3% en turismo rural).
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (171)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES