Noticias

Galicia, con 12,4 millóns de noites en establecementos turísticos da Comunidade, acada máximos históricos

Galicia supera por primeira vez os 12,4 millóns de noites realizadas por viaxeiros aloxados en establecementos da Comunidade nos dez primeiros meses do ano. Así o recolle os datos feitos públicos hoxe polo INE nos que rexistran 6.641.932 viaxeiros neste período, o que supón un incremento do 1,4% con respecto ao mesmo de 2023. O número de noites foron 12.442.445, confirmándose ademais 66.000 novas noites con respecto do nivel do pasado ano. En canto á distribución da demanda, o 71% corresponde ao segmento hoteleiro (57% en hoteis e 14% en pensións) o 29% no extrahoteleiro (10,8% en albergues, 9,7% en cámpings, 5,7% en apartamentos turísticos e 3% en turismo rural).

Medran con respecto ao mesmo período de 2023, o número de noites en hoteis, nas pensións e no segmento de turismo rural.

A nivel de mercados, o internacional absorbe o 31% do total da demanda mentres que o 69% corresponde a turismo de ámbito nacional. No que atinxe a demanda, o internacional presenta un mellor comportamento cun crecemento do 3,8% e case 3,9 millóns de noites en aloxamentos galegos, máximo da serie histórica deste período de 10 meses.

En canto ao gasto do viaxeiro internacional, no primeiro semestre deste ano (os últimos datos dispoñibles ata o de agora) este acadou unha cifra de máis de 110 euros diarios, o que supón un incremento do 16,9%. Estas cifras repercutiron no aumento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos 10 primeiros meses do ano, que sobe un 7%. Estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais de máis de 390M€ de euros neste período.

Datos de outubro

En relación ao comportamento específico rexistrado o pasado mes de outubro no conxunto dos aloxamentos turísticos, Galicia supera por segundo ano consecutivo os 1,1 millóns de noites o que supón un incremento do 19,5% con respecto á demanda previa á pandemia en 2019.

En total, aloxáronse na Comunidade galega 657.287 viaxeiros, dos cales o 82% fixérono no segmento hoteleiro, isto é, hoteis e pensións e o 18% en extrahoteleiro (apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues).

En canto á demanda dese mes, o 39% corresponde ao turismo internacional que medra un 6% con respecto ao mes anterior. Tamén gana peso con respecto ao mesmo indicador de 2023, concretamente, dous puntos.

R., 2024-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.

Notas

No marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, estableceuse como obxectivo a elaboración dun protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado destas universidades.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que ten por lema Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico. Con arredor dun centenar de asistentes, no evento presentaranse arredor de 70 traballos científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES