Archivo (3 del 2023)

Buscador

Noticias

Preto de 2.000 persoas visitaron a exposición Picasso branco no recordo azul, organizada pola Xunta de Galicia no Museo de Belas Artes da Coruña, na súa primeira fin de semana. As cifras recollen os visitantes rexistrados nos tres días iniciais de apertura, do venres 24 ao domingo 26 de marzo, cando se achegaron ata a mostra un total de 1.921 persoas, ás que se suman os 150 participantes nas Xornadas Picassianas celebradas no auditorio do propio museo. Picasso branco no recordo azul é a única exposición da Comunidade galega integrada na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023, comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira.
Galicia bateu récords históricos de ocupación turística en 2022, logrando superar nun 40% as cifras do ano 2021. A nosa comunidade mellorou tamén as súas cifras con respecto ao conxunto do Estado, cunha ocupación oito puntos maior respecto da media e manténdose como o sétimo destino máis importante, unicamente por detrás de Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. O 38% da demanda concentrouse na temporada alta -meses de xullo e agosto-, ficando a porcentaxe restante repartida entre a temporada media -o 38%- e baixa -co 24% neste caso-.
O novo marco guiará ata 2025 as actuacións para evitar na comunidade galega o reparto desigual de xénero no eido dos coidados e para impulsar as carreiras de mulleres e as novas formas de traballo. O deseño do documento parte das conclusións do seu predecesor, o I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade, que estivo vixente entre 2018 e 2021 e supuxo a activación dun cento de medidas transversais por valor de case 850 millóns de euros. O plan promoverá actuacións para axudar ás mulleres a progresar nas súas carreiras profesionais e participar nas esferas de decisión.
Presentouse a guía técnica 'Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual', que ten como obxectivo difundir as posibilidades da construción con madeira estrutural e as súas calidades. Alí, no marco da Semana da Administración Aberta, destacou esta publicación como froito da colaboración entre a Xunta e a Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (Pemade) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no marco do convenio asinado en 2019 para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e a promoción da madeira na construción.
As principais liñas para este ano vanse centrar na intensificación da cooperación transfronteiriza de proximidade e na aposta pola mobilidade académica e as conexións ferroviarias. Así, no eido da mobilidade académica vaise ampliar o programa Iacobus para investigadores e persoal administrativo das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión con novas convocatorias para estadías, publicacións científicas e patentes. Esta iniciativa dirixida a fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica recibiu en 2022 máis de 300 candidaturas.
Inaugurouse hoxe o congreso Mo_Cidade, cun amplo programa de actividades dirixido ao persoal técnico, con xornadas de traballo específicas o xoves e venres; e á xuventude galega, con programación propia o venres pola tarde e o sábado todo o día. O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) será o escenario ata o vindeiro sábado día 25 de charlas sobre o mundo gaming ou o emprendemento, talleres formativos e actuacións musicais, entre outras actividades.
Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensana Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense. Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez -Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.
O Centro Dramático Galego viaxará por primeira vez ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida para representar unha das súas producións propias, Shakespeare en Roma, que poderá verse no teatro romano da capital estremeña os días 18 e 19 de xullo. A programación completa da 69ª edición desta prestixiosa mostra foi anunciada hoxe mesmo no transcurso dun acto no que participou o director da unidade teatral da Xunta de Galicia, Fran Núñez, para dar conta do fito que estas actuacións suporán na traxectoria da compañía institucional galega a prol da proxección exterior do noso teatro e dos seus profesionais.
Esta xornada enmárcase dentro do 2º encontro de intercambio de experiencias entre Gobernos autonómicos sobre conservación da natureza, organizado polo Comité Español de la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza. Deste xeito, o encontro busca analizar o fenómeno dos incendios forestais, as súas tendencias actuais e os seus escenarios de futuro, aplicando unha perspectiva territorial, ademais de establecer a relación existente entre os incendios e os principais elementos asociados ao cambio global -urbanización, cambios nos usos do solo, cambio climático e desertificación-.
Entre os motivos que se argumentou que xustificaban a creación desta especialidade de medicina de urxencias e emerxencias, atópanse que este campo supón actuacións, técnicas e procedementos específicos en situacións que poden ser de urxencia vital e patoloxías tempo-dependentes, onde o tempo é un factor decisivo para mellorar o prognóstico e o impacto doutras áreas asistenciais. Outro dos motivos é que é unha especialidade que existe na maioría dos países de Europa, podendo falarse, con toda propiedade, da existencia dun modelo europeo consolidado de especialidade primaria no ámbito profesional sanitario da medicina de urxencias e emerxencias.
« Anterior | 2  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES