Noticias

Oito bandas participarán o 8 de abril no XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga

Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensana Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense. Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez -Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación do XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga, que se celebrará o día 8 de abril no marco da Feira do Viño da localidade coa participación de oito bandas de Galicia e Ponferrada.

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, interveu no acto acompañado da concelleira de Servizos Sociais de Quiroga, María Dolores Sánchez Durán; o organizador da cita, Xosé Lois Foxo, e a gaiteira Laura Burgué.

Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensana Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense.

Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez -Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.

A Xunta de Galicia apoia esta cita, que segundo apuntou Arias “ofrece unha perfecta combinación de cultura, música galega, tradición e artesanía baixo o denominador común da gaita”.

R., 2023-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES