
En opinión do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, trátase dun éxito que evidencia o enorme interese dos coruñeses, dos galegos e dos turistas por achegarse a esta faceta máis descoñecida de Picasso e coñecer como a súa etapa en Galicia inflúe posteriormente na súa traxectoria artística e persoal.
Entrada de balde de martes a domingo
Picasso branco no recordo azul é a única exposición da Comunidade galega integrada na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023. Trátase dunha iniciativa na que a Xunta de Galicia se suma ás homenaxes ao artista impulsadas polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario, que conta con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.
A mostra, comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira, coa coordinación da directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas, e o seu equipo técnico, pode verse ata o 25 de xuño.
O centro museístico xestionado pola Xunta de Galicia abre con acceso gratuíto todos os días agás os luns, no seu horario habitual, que pode consultarse na súa web, ao igual que as distintas posibilidades de visitas, todas elas gratuítas.
Conmemoracións oficiais
O 8 de abril de 2023 cúmprese o 50 aniversario do pasamento do artista español Pablo Picasso, evento que marcará a celebración da súa obra e a súa herdanza artística en Francia, España e internacionalmente.
Os gobernos de Francia e España acordaron traballar conxuntamente nun programa internacional a través dunha comisión binacional que reúne ás administracións culturais e diplomáticas dos dous países.
A Celebración Picasso 1973-2023 xira en torno a unhas 50 exposicións e eventos que se celebrarán en institucións culturais de renome en Europa e América do Norte que, xuntas, abordan unha análise historiográfica da súa obra. A celebración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España, permitirá facer un balance das investigacións e interpretacións sobre a obra de Picasso, especialmente durante a importante simposio internacional en outono de 2023 que, ademais, coincide coa apertura do Centre dEtudes Picasso de París.
O Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional española para a conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso comprácense en apoiar este programa excepcional.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.