Archivo (3 del 2023)

Buscador

Noticias

Máis de medio cento de actividades paralelas arrouparán a grande exposición Picasso branco no recordo azul que se inaugurará este xoves no Museo de Belas Artes da Coruña e coa que reivindica a pegada galega na traxectoria do artista. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o comisionado da Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, Carlos Alberdi, xunto con Malén Gual en representación dos comisarios, ofreceron hoxe unha rolda de prensa da exposición, a única mostra da Comunidade enmarcada na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso.
O Pazo de San Lourenzo acolleu hoxe o acto de sinatura do Protocolo para a posta en marcha da Unidade cooperativa de investigación en terapias avanzadas de Galicia, documento que foi asinado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde López; polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; polos tres reitores das universidades galegas, Antonio López Díaz, da Universidade de Santiago; Julio Abalde Alonso, da Universidade da Coruña; e Manuel Reigosa Roger, da Universidade de Vigo. Tamén asinaron o protocolo os representantes das tres fundacións de investigación sanitaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 999, deles 211 son da área da Coruña, 101 da de Lugo, 137 da de Ourense, 108 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 180 da de Santiago e 92 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 177 en unidades de hospitalización e 816 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 691.547 persoas curadas, rexistrándose 4.095 falecementos. O número de PCR realizadas é de 4.060.089. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.637.141.
O DOG publicou a orde da Consellería do Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control, as coñecidas como axudas da PAC. Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar a solicitude única ata o vindeiro 31 de maio, accedendo directamente cun certificado dixital á aplicación informática SGA ou acudindo ás entidades colaboradoras.
Foi presentada ante unha nutrida representación dos sectores audiovisual e turístico a imaxe e o avance dos traballos para a posta en marcha este mesmo ano da Galicia Film Commission, nova plataforma virtual para a promoción internacional da nosa Comunidade como plató de cinema e de televisión baixo o lema Shooting at The End of The World. Segundo anunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a súa entrada en funcionamento levará asociada a activación, a partir de 2024, dun novo fondo para a atracción de rodaxes mediante a fórmula de incentivos directos ás empresas, coa previsión de que o seu retorno económico na nosa Comunidade multiplique por 10 o investimento público.
Tivo lugar a reunión de presentación da Comisión de Oferta do Nodo de Computación de Altas Prestacións (coñecido como HPC polas súas siglas en inglés) do Hub de Innovación Dixital Dihgigal, que ten como obxectivo acelerar a transformación dixital do tecido produtivo galego a través da oferta de servizos HPC avanzados. No lanzamento do Nodo HPC participou tamén o director de Amtega, Julián Cerviño, e representantes da Comisión de Oferta de Dihgigal (universidades, centros tecnolóxicos e empresas TIC).
Reputados expertos e responsables de museos picassianos de España e Francia recalarán o 24 de marzo no Museo de Belas Artes da Coruña para participar na Xornada 'Picassiana. Os museos como centros de investigación', unha iniciativa deseñada e coordinada polo equipo técnico do Museo na que ofrecerán novas perspectivas da obra e traxectoria do pintor, como os seus vínculos coa arte alemá, o proceso creativo da súa etapa de mocidade, a súa formación literaria ou o seu paso pola Escola de Belas Artes da Coruña.
Presentouse a mostra 'Re-Visión(s). Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto', que pode visitarse no CGAC ata o 11 de xuño. Unha exposición que percorre o traballo multidisciplinar de Olga Mesa, figura clave da nova danza contemporánea española de finais dos 80, que foi unha precursora na investigación das relacións entre o audiovisual e o corporal, entre outros ámbitos. Olga Mesa desenvolve unha dramaturxia experimental entre a danza, a performance, o cine e a instalación e que interpela directamente ao espectador.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, reclaman que Europa teña en conta o envellecemento, dispersión de poboación e baixa natalidade á hora de distribuír fondos. O titular do Goberno galego presidiu xunto o mandatario asturiano o encontro bilateral 'El reto demográfico en Asturias y Galicia', un encontro ao que asistiron tamén a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o conselleiro do Medio Rural, José González, e que se desenvolveu baixo o lema Avanzar xuntos. No foro anunciouse que Asturias e Galicia reclamarán ao Goberno de España que solicite á Unión Europea ampliar o concepto de 'zonas escasamente poboadas' para que recolla tamén estes factores.
A Xunta de Galicia regulará o uso da intelixencia artificial no sector público autonómico, de acordo cos resultados do informe elaborado polas tres universidades públicas galegas sobre o marco ético e normativo para o desenvolvemento desta tecnoloxía. O reitor da USC, Antonio López, xunto cos reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa, participaron no acto de presentación do estudo xunto ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos. O estudo foi presentado por persoal experto das tres entidades.
« Anterior | 3  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES