Noticias

O CGAC exhibe unha retrospectiva sobre Olga Mesa, unha das figuras clave da nova danza contemporánea española dos 80

Presentouse a mostra 'Re-Visión(s). Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto', que pode visitarse no CGAC ata o 11 de xuño. Unha exposición que percorre o traballo multidisciplinar de Olga Mesa, figura clave da nova danza contemporánea española de finais dos 80, que foi unha precursora na investigación das relacións entre o audiovisual e o corporal, entre outros ámbitos. Olga Mesa desenvolve unha dramaturxia experimental entre a danza, a performance, o cine e a instalación e que interpela directamente ao espectador.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou esta mañá a mostra 'Re-Visión(s). Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto', que pode visitarse no CGAC desde hoxe ata o 11 de xuño. 'Unha exposición –destacou– que percorre o traballo multidisciplinar de Olga Mesa, unha figura clave da nova danza contemporánea española de finais dos 80, que ademais foi unha precursora na investigación das relacións entre o audiovisual e o corporal, entre outros ámbitos'.

Tal e como sinalou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Olga Mesa desenvolve na súa obra unha dramaturxia experimental que se sitúa entre a danza, a performance, o cine e a instalación e que interpela directamente ao espectador, ao que converte en axente da representación. ”Isto fai que cada persoa poida construír o seu propio relato da obra baixo o seu propio percorrido persoal e a súa mirada”, explicou.

A exposición que se inaugura hoxe no CGAC é unha retrospectiva que inclúe unha selección de pezas relevantes pensadas como un itinerario guiado por textos, vídeos, imaxes e corpos. Deste xeito, constrúe un percorrido inmersivo nas tres últimas décadas da obra de Olga Mesa a través dos espazos expositivos, un ritual de coñecemento da metodoloxía, os modos de exploración e os relatos da artista.

Na presentación participaron tamén o director do CGAC, Santiago Olmo; a comisaria da mostra, Nekane Aramburu; a propia Olga Mesa e o seu colaborador Francisco Ruiz de Infante. Ambos artistas ofrecerán esta tarde na apertura da exposición tres performances en diferentes espazos do CGAC.

Taller cos artistas

No marco da exposición Re-vision(s). Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto, o CGAC organiza o 18 e 19 de marzo un taller da man de Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante dirixido a interesados na danza, no que se afondará no corpo como soporte narrativo. O traballo colectivo adoptará a forma dun percorrido pola exposición e deterase en certas instalacións especificamente pensadas para seren activadas mediante performances.

Tras estas xornadas, convidaranse a dúas das persoas participantes para que continúen a aventura cunha sesión de taller complementaria o 20 de marzo co fin de preparar un programa de performance que terá lugar os tres últimos sábados dos meses de marzo, abril e maio, mentres a exposición está en curso.

Esta proposta enmárcase na programación da Xunta de Galicia para celebrar o 30 aniversario do CGAC, composta por medio centenar de actividades que inclúen exposicións intervencións artísticas, congresos, concursos, talleres ou publicacións para repasar en poñer en valor a historia do CGAC e analizar os restos de futuro do museo.

R., 2023-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES