Noticias

Presentado o Nodo de Computación de Altas Prestacións do Hub de Innovación Dixital Dihgigal

Tivo lugar a reunión de presentación da Comisión de Oferta do Nodo de Computación de Altas Prestacións (coñecido como HPC polas súas siglas en inglés) do Hub de Innovación Dixital Dihgigal, que ten como obxectivo acelerar a transformación dixital do tecido produtivo galego a través da oferta de servizos HPC avanzados. No lanzamento do Nodo HPC participou tamén o director de Amtega, Julián Cerviño, e representantes da Comisión de Oferta de Dihgigal (universidades, centros tecnolóxicos e empresas TIC).

A directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Patricia Argerey, expresou a súa satisfacción porque os Hubs de Innovación Dixital aproveiten as capacidades do ecosistema galego de innovación para potenciar a competitividade do tecido empresarial e industrial galego e apuntou que a posta en marcha deste Nodo HPC liderado polo Cesga, que se suma ao Nodo de Intelixencia Artificial que lidera a Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, permitirá acelerar a incorporación destas tecnoloxías clave por parte do sector industrial na Comunidade.

A Computación de Altas Prestacións permite, entre outros, resolver problemas moi complexos que requiren grandes necesidades de computación ou tratamento de datos, obter resultados máis detallados e precisos, mellorar a calidade dos resultados, facer novos descubrimentos, ou simular procesos, ofrecendo unha vantaxe competitiva ás empresas que a empregan. Trátase dunha ferramenta indispensable na Industria 4.0 e unha das tecnoloxías clave a nivel europeo, que dispón dun orzamento de máis de 8.000 millóns de euros no período 2021-2027 a través da iniciativa EuroHPC.

O Cesga achega ao sector industrial galego, a través de Dihgigal, as súas infraestruturas -como o supercomputador Finisterrae III, un dos máis potentes de España- e o futuro computador cuántico, recursos computacionais e de almacenamento de datos, así como a súa experiencia na prestación de servizos a empresas é un dos nodos do Centro Nacional de Competencias en HPC, Big Data e Intelixencia Artificial Español e no ano 2022 beneficiáronse dos seus servizos máis de cen empresas- e na participación en iniciativas europeas -como os proxectos de HPC-empresa EuroCC e FF4EuroHPC-.

R., 2023-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES