Buscador
Noticias
A nova Axenda Enerxética de Galicia prevé a creación dun Hub de hidróxeno verde que vai permitir obter preto de 100.000 toneladas ao ano desta fonte de enerxía para o seu uso na industria, a mobilidade, o almacenamento ou a coxeración. Máis do 74% da enerxía eléctrica producida en Galicia actualmente é con fontes renovables, polo que xa cumpre o obxectivo marcado a nivel estatal para 2030, nun momento no as enerxías renovables son necesarias para facilitar a caída do prezo eléctrico, e que para o tecido empresarial e industrial a sustentabilidade é sinónimo de competitividade.
Foi presentado o ciclo de concertos Xacobeo Interior, ciclo que terá comezo o venres 1 de xullo cunha programación que levará a música en directo ata vilas de Lugo e Ourense. Contará con algunhas das artistas máis destacadas do panorama galego como De Vacas, Guadi Galego, Leilía, Os DAbaixo e Uxía & Javier Ruibal. Mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata á tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor. O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e de calidade, pensada para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes das comarcas da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, apoiando promoción das nosas músicas e dos propios entornos rurais atravesados polo Camiño.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.506 deles 2.298 son da área da Coruña, 1.217 da de Lugo, 1.341 da de Ourense, 1.201 da de Pontevedra, 2.131 da área de Vigo, 1.700 da de Santiago e 604 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 10.009 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 619.707 persoas curadas, rexistrándose 3.556 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.922.935. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.680.157.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou hoxe o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclamou á ministra de transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que sexa abordado coa máxima prioridade e co máximo nivel de atención. Logo de agradecer á ministra que se desprazase para comprobar en primeira persoa o estado do viaduto, o presidente da Xunta aproveitou o encontro para explicarlle o impacto que o colapso deste tramo está a ter na economía galega. A este respecto, indicoulle que o corte supón que a metade norte de Galicia, as súas empresas e os seus portos se queden sen unha vía fundamental para o transporte de mercadorías.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.967 deles 2.350 son da área da Coruña, 1.194 da de Lugo, 1.435 da de Ourense, 1.286 da de Pontevedra, 2.309 da área de Vigo, 1.800 da de Santiago e 580 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 426 en unidades de hospitalización e 10.526 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 616.854 persoas curadas, rexistrándose 3.553 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.920.476.
O Salón Teatro de Santiago recibiu os preto de 90 alumnos dos catro centros de Primaria e Secundaria que participaron na edición 2021-2022 do programa Cinema en curso para a estrea das pezas audiovisuais que realizaron xunto aos cineastas Ángel Santos, Xacio Baño e Otto Roca. A Xunta promove o desenvolvemento na nosa Comunidade desta iniciativa pedagóxica internacional a través da Filmoteca de Galicia e no marco do Plan Proxecta + para a innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
O presidente da Xunta informou da avaliación por parte do Consello da Xunta da Axenda Financeira 2022, 'unha folla de ruta con diferentes programas de apoio ás empresas que suman 135,5 M e cos que esperamos unha mobilización público-privada de 400 M, o triplo que o ano anterior'. Para acadar esta meta Galicia conta con distintas medidas englobadas en tres liñas: o reforzo do capital e os fondos propios das empresas; o acceso a instrumentos de débeda; e a oferta de garantías para facilitar a obtención de crédito.
Anunciouse o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2022: o político Camilo Nogueira, o chef Javier Olleros, a Coral Polifónica El Eco, o equipo feminino de fútbol sala Pescados Rubén de Burela e o xornalista Javier Sánchez de Dios. O Goberno galego recoñece a traxectoria profesional e persoal dos condecorados, o seu traballo, os seus logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras. A Xunta considera merecedor desta galardón a Camilo Nogueira, un dos pais do Estatuto de Galicia e un dos maiores defensores dos intereses de Galicia en Europa como eurodeputado.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.156 deles 2.163 son da área da Coruña, 1.088 da de Lugo, 1.340da de Ourense, 1.181 da de Pontevedra, 2.173 da área de Vigo, 1.671 da de Santiago e 531 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 431en unidades de hospitalización e 9.708 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 616.581 persoas curadas, rexistrándose 3.550 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.919.485. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.678.790.
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia fixo pública hoxe a programación completa da súa 38ª edición, que se desenvolverá do 15 ao 24 de xullo e na que recupera a súa dimensión internacional tras dous anos centrados no apoio ás compañías galegas cun formato condicionado pola pandemia. Baixo o lema 'Actuando nas marxes', a programación que se desenvolverá en diferentes espazos da capital do Ribeiro, con epicentro no Auditorio Rubén García do Castelo, está integrada por unha vintena de producións de teatro e danza chegadas de Perú (Hamlet, de Teatro La Plaza), Portugal (Margem, de Nome Próprio) e diferentes puntos de Galicia e do resto de España, como A Rioxa, Baleares, Cataluña, Madrid ou País Vasco.