Noticias

Galicia rexistra un total de 10.506 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.506 deles 2.298 son da área da Coruña, 1.217 da de Lugo, 1.341 da de Ourense, 1.201 da de Pontevedra, 2.131 da área de Vigo, 1.700 da de Santiago e 604 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 10.009 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 619.707 persoas curadas, rexistrándose 3.556 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.922.935. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.680.157.

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

R., 2022-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (premio-josefa-wonenburger-2026.jpg) África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá coa especialidade en Inmunoloxía. Posteriormente, realizou importantes investigacións no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge onde participou na técnica de investigación da obtención de anticorpos monoclonais. Pola súa banda, Yolanda Prezado é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus). Previamente, formou parte do Institut Curie, en París, como líder do grupo de radiobioloxía traslacional.
Foto de la tercera plana (agaivota-ensaioaberto.jpg) O Centro Dramático Galego porá en escena do un ao catro de outubro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a coprodución 'A gaivota, ensaio aberto', tras realizar estes días na Cidade da Cultura unha estadía técnica e artística no marco do programa DescArtes das Residencias artísticas do Gaiás. A gaivota, ensaio aberto é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego, a compañía galega Crémilo, a portuguesa Colectivo 84, Teatro San Martín de Buenos Aires, Teatro del Galpón de Montevideo e outras entidades internacionais. O proxecto foi creado nas Residencias ArtisTEA do Concello de Ponteareas e conta coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón e do Ministerio de Cultura de Cabo Verde.

Notas

Cunha xuntanza celebrada na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, na que participaron representantes da Xunta e das tres universidades do SUG, iniciáronse os traballos para a elaboración do Plan Galego de Financiamento Universitario 2028-2032. O período 2028/32 manterá a estrutura do plan vixente, incluíndo as novidades incorporadas ao SUG nos últimos anos, como a matrícula gratuíta ou a Fundación Galtia.
A European Society for the Study of English, a asociación de maior relevancia nos estudos ingleses en Europa, desenvolverá o seu 18º congreso internacional en Santiago do 31 de agosto ao 4 de setembro. Este encontro reunirá preto de 800 investigadores de máis de 33 países europeos, ademais de Xapón, Estados Unidos, Canadá ou a India, que debaterán sobre os avances no campo da lingüística inglesa e da literatura e a cultura dos países anglófonos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES