Archivo (6 del 2022)

Buscador

Noticias

Atlántica 2022 contará coa participación de 42 narradores nacionais e internacionais de distintos lugares do mundo como Colombia, Bos Aires, Brasil, Portugal, Romanía, Hungría, Alemaña, Marrocos, Uruguai ou puntos de España (Guipúscoa, Madrid, Valencia, León e Zamora). Están previstas un total de 94 funcións, en concreto nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Ferrol, así como nos concellos de Outes, Teo, Carnota, A Pobra do Caramiñal, Mugardos, Boiro, Dodro, Paderne, Ribeira, Padrón e Zas na provincia da Coruña; Sanxenxo, Campo Lameiro, A Estrada, Cuntis, Pazos de Borbén e Lalín, na de Pontevedra, e Alfoz, Chantada e Mondoñedo, na de Lugo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.342 deles 2.005 son da área da Coruña, 967 da de Lugo, 1.272 da de Ourense, 1.057 da de Pontevedra, 2.006 da área de Vigo, 1.544 da de Santiago e 483 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 409 en unidades de hospitalización e 8.918 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 616.148 persoas curadas, rexistrándose 3.546 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.918.096. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.677.163.
USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo. Os espectáculos desenvolveranse na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e terraza do auditorio da Universidade, así como no Teatro Principal e no Salón Teatro. Os cursos USCénica comezarán o mesmo día 20, mentres que a primeira das actuacións, a cargo de Paraíso Teatro, desenvolverase na terraza do auditorio da Universidade, o martes 21. Baixo a dirección de Roberto Leal, a compañía interpretará 'Os diarios de Eva e Adán (boleros no paraíso)'.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acadou hoxe o apoio de sindicatos e empresarios para instar ao Goberno central a que axilice e concrete os fondos europeos aos que que Galicia aspira. Sobre todo no caso de proxectos prioritarios como son Stellantis, Showa Denko ou o polo forestal de Lugo. O titular do Goberno galego, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá co secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, e coa secretaria xeral de CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, e posteriormente, mantivo un encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites.
Galicia reduciu un 3,4% o seu endebedamento no primeiro trimestre do ano, o que supuxo rebaixar a súa débeda en 401 millóns de euros, segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao primeiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Con estes datos, Galicia diminuíu 1,1 puntos o seu endebedamento en relación ao seu PIB, ata o 17,4%, e sitúase, deste xeito, como a terceira comunidade autónoma de réxime común cunha menor ratio débeda/PIB.
O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo unha reunión co novo presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Cunha. No encontro, ao que tamén acudiu o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, abordáronse os proxectos conxuntos transfronteirizos previstos no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co obxectivo de facer fronte aos desafíos tras a pandemia do coronavirus e na captación de fondos europeos para iniciativas comúns.
A Xunta e o Consello da Cultura Galega presentaron hoxe a exposición Sen Cancelas, unha mostra divulgativa e itinerante que percorrerá diversos centros educativos galegos para dar a coñecer “sen prexuízos, nin estereotipos” a historia do movemento LGTBI en Galicia. Así o explicou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na inauguración desta iniciativa no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, un acto no que estivo acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.853 deles 1.880 son da área da Coruña, 886 da de Lugo, 1.247 da de Ourense, 951 da de Pontevedra, 1.915 da área de Vigo, 1.532 da de Santiago e 436 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 434 en unidades de hospitalización e 8.404 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 614.518 persoas curadas, rexistrándose 3.540 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.916.185. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.671.523.
Baixo o título 'O museo como escenario', o CGAC acolle unha mostra experimental sobre as artes vivas, a performance e os fenómenos escénicos que poderá visitarse ata o día 2 de outubro. Este proxecto busca converter o museo nun espazo escénico onde os espectadores teñen a posibilidade de experimentar coa arte dun xeito diferente. O museo como escenario incide en como ao longo do século XX a performance entendida como actuación sen escenario ou outros fenómenos como a danza ou as artes visuais son capaces de transformar as salas dun museo.
Foi inaugurada no Gaiás, no Día Internacional dos Arquivos, a exposición 'Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida', unha das actividades principais coas que se celebra o centenario do nacemento dunha das poetas galegas máis destacadas do século XX. A mostra, que poderá visitarse no vestíbulo do Arquivo e Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, ata o 17 de outubro, pretende difundir o legado deixado por Luz Pozo Garza, unha muller polifacética que foi a primeira galega en ser proposta para un Premio Nobel, membro da Real Academia Galega, promotora e directora de revistas literarias e profesora de Lingua e Literatura española no ensino secundario.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (180)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES