Noticias

A exposición Sen Cancelas percorrerá os centros educativos para dar a coñecer sen prexuízos nin estereotipos a historia do movemento LGTBI en Galicia

A Xunta e o Consello da Cultura Galega presentaron hoxe a exposición Sen Cancelas, unha mostra divulgativa e itinerante que percorrerá diversos centros educativos galegos para dar a coñecer “sen prexuízos, nin estereotipos” a historia do movemento LGTBI en Galicia. Así o explicou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na inauguración desta iniciativa no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, un acto no que estivo acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.

Lorenzana destacou, en primeiro lugar, a importancia da colaboración entre a Xunta e o Consello da Cultura Galega para poñer en marcha iniciativas encamiñadas a dar a coñecer entre a mocidade a loita de Galicia contra as diferentes discriminacións que seguen a existir na sociedade. “Loitar contra as desigualdades e garantir os dereitos de todas as persoas é unha obriga de calquera sociedade democrática e tamén un imperativo legal”, apuntou a conselleira, quen lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cunha Lei para garantir a igualdade de trato do colectivo LGTBI.

A titular de Promoción do Emprego e Igualdade, ademais, puxo en valor o “traballo continuado” que desenvolve o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero e sinalou que para afianzar e facer perdurar os dereitos das persoas, sobre todo daqueles colectivos que foron historicamente máis vulnerables e discriminados, son necesarias leis, pero tamén “conciencias libres e informadas”. Así, indicou que a mostra Sen Cancelas propón un percorrido pola diversidade para deixar claro entre os máis novos que a identidade sexual e de xénero non poder ser nunca un obstáculo ou freo para alcanzar as súas metas. A mostra é “unha mirada sen cancelas” na que descubrir que a diversidade sexual e de xénero son exemplo de enorme riqueza e a través da que se poderá ter unha visión mundial dos fitos lexislativos para afianzar a liberdade.

R., 2022-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES