
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá na presentación da décima edición do festival Atlántica 2022, a cita internacional de narración oral que se celebrará entre o 30 de xuño e o 9 de xullo e que conta co apoio da Xunta de Galicia. As funcións desenvolveranse en lugares ao aire libre e de especial interese patrimonial de 24 localidades de toda Galicia.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou este festival como unha cita máis que consolidada, que leva unha década reunindo a todo tipo de públicos diante dunha tradición tan galega e á vez tan internacional como os contos, sinalou.
O director xeral de Cultura reafirmou, ademais, o compromiso do Goberno galego con este festival, un dos máis importantes da Península Ibérica e referente da lusofonía neste eido, pola súa contribución ao intercambio entre os pobos e á descentralización da oferta cultural, cun calendario de actuacións nunha vintena de concellos de todo o territorio galego, indicou.
Na presentación tamén participou a directora do festival, Soledad Felloza; así como representantes institucionais e das diferentes localidades onde se realiza a programación.
Case un cento de funcións en 24 concellos
Atlántica 2022 contará coa participación de 42 narradores nacionais e internacionais de distintos lugares do mundo como Colombia, Bos Aires, Brasil, Portugal, Romanía, Hungría, Alemaña, Marrocos, Uruguai ou puntos de España (Guipúscoa, Madrid, Valencia, León e Zamora).
Están previstas un total de 94 funcións, en concreto nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Ferrol, así como nos concellos de Outes, Teo, Carnota, A Pobra do Caramiñal, Mugardos, Boiro, Dodro, Paderne, Ribeira, Padrón e Zas na provincia da Coruña; Sanxenxo, Campo Lameiro, A Estrada, Cuntis, Pazos de Borbén e Lalín, na de Pontevedra, e Alfoz, Chantada e Mondoñedo, na de Lugo.
O festival terá unha fase previa, a partir do 15 de xuño e ata o propio 30 de xuño, en catro centros de ensino (CEIP Pedrouzos en Brión, CEIP Vilas Alborada e Colexio San Pelayo Emma en Santiago de Compostela e CEIP Barouta en Ames) e tamén en espazos de Vigo e Santiago de Compostela.
A sesión inaugural correrá a cargo dos narradores galegos Paula Carballeira e Ouico Cadaval o vindeiro 20 de xuño ás 21,30 horas no Parque de Bonaval de Santiago de Compostela. A programación está dispoñible na web do festival.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.