Noticias

O festival de artes escénicas USCénica 2022 desenvolverase do 20 de xuño ao 9 de xullo

USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo. Os espectáculos desenvolveranse na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e terraza do auditorio da Universidade, así como no Teatro Principal e no Salón Teatro. Os cursos USCénica comezarán o mesmo día 20, mentres que a primeira das actuacións, a cargo de Paraíso Teatro, desenvolverase na terraza do auditorio da Universidade, o martes 21. Baixo a dirección de Roberto Leal, a compañía interpretará 'Os diarios de Eva e Adán (boleros no paraíso)'.

“En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura. Por iso a USC, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas”, explicou o reitor Antonio López.

Programa

Laboratorio escénico Coop, Avelina Pérez, Helena Salgueiro, Elas (Asociación Ámbar), VACAburra, Inversa Teatro, Diego Anido, Le BarLuthier, Estíbaliz Espinosa, Funboa Escénica, Límites (Corpo Colectivo Transfronteirizo), Elahood, Bárbara Domínguez ou The Swinging Flamingos son algúns dos nomes propios que integran o cartel desta edición aos que se suma a Aula de Teatro da USC coa obra ‘A casa a forza’. O horario e lugar de cada actuación pode consultarse na web de USCénica.

A formación é outro dos eixos sobre os que se asenta este festival. A inscrición nos cursos que oferta USCénica mantense aberta ata completar o número de prazas dispoñibles que ascende a oito en cada un dos cursos, excepto no Obradoiro de Waacking, que conta con 14 prazas. Para realizar a inscrición, a persoa interesada deberá dirixirse ao enderezo electrónico [email protected], indicando nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e que curso ou cursos son do seu interese.

A programación deste ano aborda dende a introdución á composición musical en escena ou ao espazo escénico sonoro, pasando pola arte de acción, a interpretación, ou mesmo a dirección escénica.

R., 2022-06-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES