Archivo (6 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.376 deles 1.932 son da área da Coruña, 949 da de Lugo, 1.280 da de Ourense, 1.012 da de Pontevedra, 2.044 da área de Vigo, 1.696 da de Santiago e 457 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 404 en unidades de hospitalización e 8.957 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 611.912 persoas curadas, rexistrándose 3.535 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.913.687. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.671.523.
Tivo lugar a presentación da nova tempada dos Trens Turísticos de Galicia, que nos meses de setembro e outubro teñen programadas 37 saídas, con novos roteiros (a Ruta dos Queixos de Galicia e a Ruta de As Mariñas), melloras e novidades que amplían máis aló do verán o éxito desta experiencia que cumpre xa sete edicións. Xa se venderon un 26% de toda a oferta de prazas de trens turísticos desta edición, o que significaría que contando só a oferta de prazas do mes de xuño sería case do 75 %. Os Trens Turísticos de Galicia conseguiron unha ocupación de case o 100% na edición anterior entre os meses de xuño e agosto, o que mostra a súa consolidación como un dos produtos turísticos máis demandados polos galegos e visitantes.
Galicia sitúase como epicentro do Festival New European Bauhaus, un evento que se celebra en paralelo en varias cidades europeas, e que busca transformar a Unión Europea impulsando un estilo de vida integral e sostible, que sitúe ás persoas no centro e poña á súa disposición recursos multisectoriais (arquitectónicos, paisaxísticos, económicos, culturais, tecnolóxicos) para unha vida mellor, cos profesionais da saúde como prescriptores deste cambio. O Servizo Galego de Saúde, como socio oficial da New European Bauhaus, impulsa este evento na Cidade da Cultura de Galicia, na que se celebrou un forum, e que acollerá diferentes workshops sobre novas tendencias.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.805 deles 1.793 son da área da Coruña, 902 da de Lugo, 1.219 da de Ourense, 928 da de Pontevedra, 1.907 da área de Vigo, 1.621 da de Santiago e 432 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 412 en unidades de hospitalización e 8.376 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 611.556 persoas curadas, rexistrándose 3.533 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.912.699. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.669.893.
O obxectivo principal deste proxecto colectivo é difundir o valor da riqueza toponímica galega e involucrar a moitos colaboradores e colaboradoras para salvagardar os nomes de lugar a través de Galicia Nomeada, a plataforma colaborativa de recolla toponímica creada conxuntamente entre a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia. Nesta nova xeira de charlas procuráronse escoller os concellos onde a microtoponimia (nomes de leiras, montes, regatos, fontes, penedos, etc.) correse un maior risco de perda, como é o caso daqueles lugares que están a vivir un forte despoboamento ou a sufrir amplos procesos de transformación do territorio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.263 deles 1.695 son da área da Coruña, 866 da de Lugo, 1.149 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.754 da área de Vigo, 1.510 da de Santiago e 420 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 421 en unidades de hospitalización e 7.822 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 611.145 persoas curadas, rexistrándose 3.530 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.911.432. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.667.337.
O Son do Camiño reunirá no Monte do Gozo a 47 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 16,17 e 18 de xuño. Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán, coincidindo ademais co Xacobeo. O Son do Camiño contará co cartel máis grande da súa historia, coas actuacións de The Chemical Brothers, C.Tangana, Sebastián Yatra, Guadi Galego, The Killer Barbies, Furious Monkey House, Liam Gallagher, Budiño, Jason Derulo, Dani Martín, Rigoberta Bandini, Triángulo de Amor Bizarro e Pablo Lesuit, entre outros.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.086 deles 1.602 son da área da Coruña, 872 da de Lugo, 1.138 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.681 da área de Vigo, 1.485 da de Santiago e 436 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 7.626 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 610.377 persoas curadas, rexistrándose 3.526 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.910.225. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.664.877.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou á oposición unha proposta para levar ao Goberno central unha posición única de Galicia en temas como a sanidade, os fondos europeos, as infraestruturas e as competencias sobre o litoral. Tras sendas reunións mantidas coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e co secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, Rueda incidiu na importancia do diálogo entre as forzas políticas, 'é o que a cidadáns nos piden', aseverou, apelando a necesidade de que Galicia conte cunha postura de país.
A demarcación hidrográfica de Galicia-Costa afronta o verán en situación de prealerta por seca prolongada e ofreceu axuda aos concellos para incentivar o aforro de auga e eliminar as fugas das redes. A Oficina Técnica da Seca, encabezada por Augas de Galicia e integrada tamén por Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural, celebrará unha nova reunión na que se manterá esta prealerta debido aos indicadores actuais. Nin as chuvias rexistradas en maio, nin as dos últimos días, tiveron efecto nos caudais circulantes, é dicir, non foron suficientes para mudar a situación de prealerta por seca prolongada que leva padecendo Galicia-Costa desde o mes de febreiro.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (211)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES