Noticias

'O Son do Camiño' reunirá no Monte do Gozo a 47 artistas nacionais e internacionais a vindeira semana

O Son do Camiño reunirá no Monte do Gozo a 47 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 16,17 e 18 de xuño. Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán, coincidindo ademais co Xacobeo. O Son do Camiño contará co cartel máis grande da súa historia, coas actuacións de The Chemical Brothers, C.Tangana, Sebastián Yatra, Guadi Galego, The Killer Barbies, Furious Monkey House, Liam Gallagher, Budiño, Jason Derulo, Dani Martín, Rigoberta Bandini, Triángulo de Amor Bizarro e Pablo Lesuit, entre outros.

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na presentación do cartel dos concertos de O Son do Camiño que reunirá no Monte do Gozo a 47 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 16,17 e 18 de xuño.

Así o deron a coñecer hoxe Nava Castro xunto con representantes das empresas organizadoras, Esmerarte e Bring The Noise, ademais de un dos patrocinadores, Estrella Galicia. A directora de Turismo de Galicia indicou que “estar hoxe aquí na presentación dun dos festivais máis grandes e máis esperados de todo o ano, que ademais este anobaterá o récord de asistencia con 42.000 persoas por día, é un auténtico orgullo para min, para Galicia e para os galegos e galegas”.

Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán, coincidindo ademais co Xacobeo. O Son do Camiño contará co cartel máis grande da súa historia, coas actuacións de The Chemical Brothers, C.Tangana, Sebastián Yatra, Guadi Galego, The Killer Barbies, Furious Monkey House, Liam Gallagher, Budiño, Jason Derulo, Dani Martín, Rigoberta Bandini, Triángulo de Amor Bizarro e Pablo Lesuit, entre outros.

Nava Castro indicou que os concertos do Xacobeo son xa un emblema e un sinal de identidade nos anos santos e son ademais un puntal na recuperación tanto do sector cultural como do turístico, xa que nestas datas miles de persoas enchen a capital galega e posicionan a Galicia como sinónimo de calidade. “Desfrutaremos da mellor música co mellor ambiente e un entorno mítico e incomparable: o Monte do Gozo”, destacou a directora de Turismo de Galicia.

“Mediante este tipo de celebracións, dicímoslle a España e ao mundo, que Galicia, a nosa terra, está preparada para o turismo a través dunha oferta cultural sen parangón, que o Camiño a Santiago é o Camiño da excelencia”, indicou Nava Castro que indicou que no que vai de ano xa foron seladas arredor de 106.000 Compostelas, e máis de 1 millón de turistas visitaron a nosa comunidade no primeiro cuadrimestre do ano.

En colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, haberá un stand específico con actividades lúdico-formativas dirixidas especialmente á xente moza.

O Son do Camiño enmarcase na programación de Concertos do Xacobeo, un evento que espallará música e espectáculo por toda Galicia con 300 artistas de primeiro nivel que chegarán a todos os recunchos da comunidade para celebrar un Ano Santo extraordinario.

R., 2022-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES