Buscador
Noticias
Esta nova iniciativa, encamiñada a axilizar a consolidación dos estudios seleccionados e a saída ao mercado dos seus produtos, arrancará cunha etapa de aceleración intensiva con consultorías individuais, grupais e accións de mentorización en eidos tanto tecnolóxicos como de márketing, dereitos ou financiamento, entre outros. Contarase para tal fin coa experiencia e o coñecemento de profesionais de referencia a nivel estatal e internacional, tanto nesta industria como noutras áreas do emprendemento. Tamén está prevista a organización de actividades de innovación, de eventos de presentación de proxectos e dun programa para a xestión da mobilidade internacional.
A Oficina Técnica da Seca da Xunta acordou o mantemento do estado de prealerta en toda a demarcación hidrográfica de Galicia-Costa. Os caudais circulantes rexistrados nos ríos da demarcación que, no mes de abril, foron un 48% inferiores aos que normalmente se rexistran neste mes do ano. Máis en detalle, a suma do caudal circulante rexistrado nas estacións de medición que a Xunta mantén nos ríos da demarcación, situábanse a inicios de xaneiro en 200 m3/s e a finais de febreiro baixaron a 85 m3/s. Ata finais de marzo observábase unha certa recuperación, pero no mes de abril descendeu aos 115 m3/s, polo que se segue en valores inferiores á media histórica.
Este evento pretende fomentar a innovación no agro galego e contribuír, ao tempo, á difusión de diferentes proxectos que camiñan nesta liña. Trátase, así mesmo, de coñecer a experiencia de distintos expertos na materia, todo nun ambiente distendido e lúdico, que pretende facer o máis atractivas posible as xornadas de debate. Así, o programa deste Spin Rural, que ten un aforo limitado, inclúe charlas, mesas redondas, encontros de negocio e conversas entre especialistas, combinadas todas elas con degustacións de produtos galegos de calidade diferenciada e outras citas de carácter lúdico.
O número de parados -150.062- é o máis baixo nun mes de abril de toda a serie histórica (1996) e o menor desde o verán do ano 2008. Ademais, a caída na evolución anual do -11,81% é tamén a maior desde 1996. Con respecto a abril de 2021, o desemprego tamén cae nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; e en todos os sectores económicos, liderando o descenso a industria (-15,47%), seguido da construción (-14,47%), dos servizos (-12,29%) e da agricultura e a pesca (-7,35%).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.112, deles 3.102 son da área da Coruña, 2.471 da de Lugo, 2.327 da de Ourense, 1.783 da de Pontevedra, 2.480 da área de Vigo, 2.700 da de Santiago e 1.229 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 690 en unidades de hospitalización e 15.400 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 571.738 persoas curadas, rexistrándose 3.356 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.859.653.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.206, deles 3.084 son da área da Coruña, 2.429 da de Lugo, 2.368 da de Ourense, 1.802 da de Pontevedra, 2.430 da área de Vigo, 2.810 da de Santiago e 1.265 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 719 en unidades de hospitalización e 15.461 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 570.079 persoas curadas, rexistrándose 3.353 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.857.046. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.645.502.
Variedade de estilos musicais, de escenarios e de localidades, pero sempre baixo os principios da orixinalidade e da calidade das propostas, a 11ª edición de Xacobeo Importa inclúe unha ducia de concertos que se comezaron en febreiro e que se celebrarán ata o mes de outubro na Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Ourense, en escenarios como o Palacio da Ópera, a Sala Capitol, o Auditorio Mar de Vigo ou o Pazo da Cultura de Pontevedra, onde rematará en outubro o ciclo. O programa incluíu os concertos de Eagles Of Death Metal e Joan As Police Woman, e contará cos concertos dos ingleses White Lies e de The James Hunter Six en maio.
O Servizo Galego de Saúde vén de situar á comunidade galega como o segundo territorio con mellores datos no referido ás listas de agarda para acceder a algún dos 15 procedementos cirúrxicos seleccionados como máis frecuentes polo Ministerio de Sanidade. Segundo o último informe emitido polo Sistema de Información sobre Listas de Espera do Sistema Nacional de Saúde, con datos actualizados ao 31 de decembro de 2021, a comunidade galega contou cunha media de 70 días de agarda para operarse dalgunha das patoloxías establecidas como máis habituais.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.581, deles 3.189 son da área da Coruña, 2.527 da de Lugo, 2.432 da de Ourense, 1.849 da de Pontevedra, 2.411 da área de Vigo, 2.887 da de Santiago e 1.267 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 724 en unidades de hospitalización e 15.836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 568.301 persoas curadas, rexistrándose 3.345 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.855.257. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.645.146.
O sistema educativo galego sitúase, un ano máis, como o máis inclusivo de España. Segundo os últimos datos da estatística de alumnado con necesidade específica de apoio educativo sobre o curso 2020/2021, publicadas polo Ministerio de Educación y FP, o 93,6 % do alumnado galego con necesidades especiais está escolarizado en centros ordinarios. Isto supón que 16.695 estudantes que precisan apoio específico estudan en centros que non son de Educación Especial, o 72 % deles en colexios e institutos públicos. Esta porcentaxe sitúa ao noso ensino moi por riba da media nacional, do 82,9 %, e mesmo case 4 puntos por riba da seguinte CCAA, Navarra.