Archivo (5 del 2022)

Buscador

Noticias

O número de centros participantes no programa de libro dixital E-Dixgal elevarase o vindeiro curso a 600, ao abeiro da incorporación de 55 novos centros a esta iniciativa. Dos 55 novos centros en E-Dixgal que se poñen en marcha coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, 43 incorporan o programa na etapa de Primaria, 10 en ESO e 2 en Primaria e ESO á vez. Ademais, un centro que xa contaba co programa en Primaria incorpórao para o curso que vén en 1º de ESO. Da totalidade de centros E-Dixgal o 94% son públicos. Por provincias, 216 deles están na da Coruña, 98 na de Lugo, 54 na de Ourense e 232 na de Pontevedra.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.609, deles 2.974 son da área da Coruña, 2.029 da de Lugo, 2.025 da de Ourense, 1.581 da de Pontevedra, 2.575 da área de Vigo, 2.258 da de Santiago e 1.151 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 están en UCI, 741 en unidades de hospitalización e 13.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 582.151 persoas curadas, rexistrándose 3.402 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.874.752. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.650.351.
Un total de 112 praias galegas pertencentes a 34 municipios terán este verán unha bandeira azul, distintivo co que cada ano a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece a areais de todo o mundo en base a criterios de sustentabilidade e de servizos. De todas as praias galardoadas nesta última edición cómpre subliñar que tres lucirán a bandeira por primeira vez: Porto Suevos, no concello de Arteixo; Banda do Río, en Bueu; e Santa Baia, en Vigo. Ademais, a de Fontela Valea, en Barreiros, volve sumarse á listaxe de areais galegos con esta distinción, despois de que o ano pasado non a recibira. Galicia concentra unha de cada cinco das bandeiras concedidas en 2022 en todo o país, con 112 areais recoñecidos que se estenden ao longo de 42,7 km.
Os datos recollidos polo Ministerio de Sanidade no 5º informe sobre Oferta e necesidade de médicos especialistas en España, indican que Galicia posúe un total de 116 facultativos por cada 100.000 persoas censadas na nosa comunidade. Así, a rede sanitaria pública galega situase considerablemente por riba da media nacional, de 87’4 facultativos/100.000 habitantes. Neste sentido, a relación de profesionais da Medicina Familiar e Comunitaria galega soamente se ve superada por tres comunidades; nomeadamente, Asturias con 127’5 médicos, Estremadura con 125,6 facultativos, e a Comunidade Foral de Navarra, que posúe 121,2 profesionais da medicina familiar, nesta ratio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.991, deles 3.022 son da área da Coruña, 2.051 da de Lugo, 2.104 da de Ourense, 1.620 da de Pontevedra, 2.553 da área de Vigo, 2.468 da de Santiago e 1.158 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 723 en unidades de hospitalización e 14.252 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 580.402 persoas curadas, rexistrándose 3.395 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.872.144. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.649.914.
O Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo anunciou a programación completa da súa 23ª edición que, do 12 ao 17 de maio, ofrecerá un intenso programa con máis de 60 funcións e actividades complementarias arredor do teatro de monicreques. O festival contará cunha importante presenza de compañías galegas na súa programación, coa veterana compañía redondelá Tanxarina á cabeza e protagonizando, así mesmo, a exposición sobre os seus 40 anos de traxectoria. Outras formacións galegas en cartel son Catropés, Cascanueces Títeres, EducaTeatro, Mircromina Títeres, Paporrubio, Títeres Alakrán, Trécola Producións ou Viravolta Títeres.
O ciclo de conferencias 'María Casares. Do exilio ao escenario' organizado pola Xunta co gallo do centenario da actriz continúa en maio coas intervencións do director de teatro e de ópera Jorge Lavelli e do actor e director Josep María Flotats. Ambos mantiveron unha estreita relación con María Casares, tanto no eido profesional como persoal, da que darán testemuño en primeira persoa. Este ciclo prolóngase ata finais de ano en seis xornadas cunha ducia de intervencións protagonizadas por personalidades relevantes das artes e da cultura que coñeceron desde a proximidade á artista homenaxeada.
A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' viaxa esta semana a Portugal, cunha función en Beja, no marco do Festival Internacional de Teatro do Alentejo, e outra en Coímbra. A xira portuguesa do espectáculo que leva a escena o texto de AveLina Pérez, con dramaturxia e dirección de Marta Pazos, contará coa presenza do director do CDG, Fran Núñez, que se despraza mañá a Viana do Castelo para presentarlle o sistema de teatro inclusivo a Teatro do Noroeste-Viana do Castelo, interesado na ferramenta.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.553, deles 3.069 son da área da Coruña, 2.199 da de Lugo, 2.229 da de Ourense, 1.659 da de Pontevedra, 2.605 da área de Vigo, 2.578 da de Santiago e 1.195 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 722 en unidades de hospitalización e 14.819 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 578.605 persoas curadas, rexistrándose 3.389 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.870.446. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.649.338.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.508, deles 3.360 son da área da Coruña, 2.656 da de Lugo, 2.532 da de Ourense, 1.842 da de Pontevedra, 2.881 da área de Vigo, 2.868 da de Santiago e 1.349 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 658 en unidades de hospitalización e 16.832 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 573.442 persoas curadas, rexistrándose 3.369 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.864.735. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.646.898.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES