
O Festival Internacional de Títeres de Redondela Memorial Juanjo Amoedo anunciou hoxe a programación completa da súa 23ª edición que, do 12 ao 17 de maio, ofrecerá un intenso programa con máis de 60 funcións e actividades complementarias arredor do teatro de monicreques. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou nesta presentación xunto aos representantes da organización e das entidades colaboradoras nesta mostra, que nos últimos anos vén contando co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través do programa anual de subvencións a festivais de artes escénicas e de música.
Sutil anunciou que nestes momentos se están a ultimar os trámites cara á adxudicación destas axudas, dotadas con 550.000 euros, dos que 200.000 euros serán distribuídos entre mostras escénicas consideradas estratéxicas no seu ámbito.
En referencia ao certame redondelán, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade incidiu no seu labor de promoción e dignificación do teatro de monicreques, tanto dirixido a adultos como a rapaces, así como no valor engadido das súas actividades formativas e divulgativas cara á creación e fidelización de públicos para este xénero específico e para as artes escénicas en xeral.
Destacada representación galega
Destacou tamén a importante presenza de compañías galegas na súa programación, feito que demostra que Galicia conta cunha oferta moi ampla e de moita calidade, coa veterana compañía redondelá Tanxarina á cabeza e protagonizando, así mesmo, a exposición sobre os seus 40 anos de traxectoria. Outras formacións galegas en cartel son Catropés, Cascanueces Títeres, EducaTeatro, Mircromina Títeres, Paporrubio, Títeres Alakrán, Trécola Producións ou Viravolta Títeres.
En Redondela actuarán tamén agrupación procedentes de diferentes puntos de España (A Rioxa, Aragón, Cantabria, Castela e León e Madrid) e doutros seis países: Arxentina, Eslovenia, Francia, Portugal, Israel e Italia.
A esta vintena de compañías teatrais súmanse as 10 formacións encargadas de poñer música ao festival: Paco Nogueiras, Cía Latexo Percusión, Uxía Lambona e a Banda Molona, Cé Orquestra Pantasma, Pakolas, Breocáns, The Turres Band, Fanfarria Farruxa, Os Alecríns e Charanga Bicoia.
Como en anos anteriores, o Multiusos da Xunqueira será a sede da programación de sala, mentres que a de rúa desenvolverase en numerosas localizacións ao aire libre. Xunto coas funcións teatrais e os concertos, esta 23ª edición ofrece tamén a instalación Ingenii Machina, da compañía de Castela e León Alauda Teatro, o mercadiño titiriteiro e a habitual sección Títeres pola gorra, ademais da devandita exposición 40 anos de Tanxarina Títeres.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.