Archivo (5 del 2022)

Buscador

Noticias

A mostra itinerante 'Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño' recala na Cidade da Cultura como última parada do seu percorrido pola xeografía galega. A exposición reúne dez traballos de fotografía e vídeo de artistas actuais, tanto galegos como de fóra do país, que presentan unha nova ollada audaz e orixinal sobre a Ruta Xacobea. Seis grandes contedores de barco transformados en salas de proxección albergan as propostas artísticas que dan forma a un itinerario de múltiples caras no que ten cabida a paisaxe e o territorio, a historia, a vertente espiritual pero tamén as emocións da experiencia do Camiño.
O Consello da Xunta aprobou hoxe o VIII Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027 cun orzamento de 935,5 millóns de euros, o maior da historia dun documento de planificación destas características, co reto de avanzar na loita contra as discriminacións e previr a violencia de xénero para conseguir unha igualdade de xénero real e efectiva en todos os ámbitos. O orzamento aumenta nun 138,8 % con respecto ao sétimo plan, así como os ámbitos de actuación, que serán un total de nove, fronte aos tres do antecesor.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.627, deles 2.449 son da área da Coruña, 1.447 da de Lugo, 1.611 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.139 da área de Vigo, 1.832 da de Santiago e 881 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 642 en unidades de hospitalización e 10.958 no domicilio.
O Centro Dramático Galego (CDG) pon en marcha tres novas producións para a temporada 2022-2023. Os títulos provisionais das estreas son Recortes, caneos e outras formas de driblar, con Tito Asorey como director; Shakespeare en Roma, con catro equipos de dirección, e Un hotel de primeira sobre o río, que leva a escena o texto de Xohana Torres codirixido por Gonçalo Guerreiro e María Torres. A previsión é realizar 110 funcións en total, cun modelo de distribución diferente para cada montaxe, cos obxectivos de chegar á maior cantidade de público posible e de crear novas audiencias.
O espectáculo sobre María Casares Continente María, coproducido polo Centro Dramático Galego, Ainé Producións, A Quinta do Cuadrante e o Concello da Coruña, chega ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde se ofrecerán oito funcións ao longo de dúas semanas. O espectáculo é un canto ao teatro e á vida a través do diálogo coa extraordinaria figura da artista.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.458, deles 2.413 son da área da Coruña, 1.394 da de Lugo, 1.559 da de Ourense, 1.278 da de Pontevedra, 2.089 da área de Vigo, 1.787 da de Santiago e 923 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 694 en unidades de hospitalización e 10.742 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 591.848 persoas curadas, rexistrándose 3.449 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.884.053. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.653.576.
A implantación de tres novas vacina gratuítas sitúa a Galicia como a comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo. A vacina da meninxite B administrarase a todos os nenos e nenas aos dous meses de idade, a finais de ano; e a vacina do virus do papiloma humano estenderase no vindeiro curso a todos os varóns de 12 anos, co fin de acelerar os beneficios globais na loita contra a transmisión deste virus e na mesma dirección que o plan da OMS para eliminar os cancros producidos polo VPH.
Esta 13ª edición ten prevista a proxección de 138 pezas procedentes de 14 países, das que 53 son estreas internacionais e 47 poderán verse por vez primeira en España. O programa tamén inclúe presentacións, live performance, talleres e encontros profesionais coa participación de 53 artistas convidados, ademais de diferentes actividades para o alumnado de sete centros de ensino da Cidade. A presencialidade e a experiencia colectiva recuperan o seu protagonismo este ano, no que haberá unha importante representación do cinema experimental realizado por mulleres.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.023, deles 3.072 son da área da Coruña, 2.070 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.588 da de Pontevedra, 2.714 da área de Vigo, 2.356 da de Santiago e 1.192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 708 en unidades de hospitalización e 14.288 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 583.117 persoas curadas, rexistrándose 3.407 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.876.997.
A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego constitúe un gran pacto social que permitirá adaptar a capacitación profesional da forza laboral galega ás necesidades do mercado de traballo. Este instrumento, da man do Estudo de Tecnoloxías Emerxentes que vén de rematar a Consellería de Emprego e Igualdade, está a permitir detectar as carencias formativas de traballadores e traballadoras da comunidade, para avanzar no deseño de actuacións con maior encaixe no actual contexto.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (189)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES